ACTIVIDADES FIN DE CURSO

ACTIVIDADE DE INICIACIÓN AO SURF

ACTIVIDADE DO XOVES, 22 DE XUÑO

Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:

III MILLA CORRENDO POLO GALEGO

Na mañá do xoves, 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto co profesorado Eva, Paco, Virginia e a coidadora Esther, tiveron unha xornada de iniciación ao surf coa VIVEIRO SURF ESCOLA, na praia de Esteiro (o Barqueiro).

Esta actividade está enmarcada como complemento das actividades programadas na área de Educación Física, dentro da unidade de Actividades na Natureza.

Foi unha experiencia inolvidable, divertida e moi formativa. Seguro que repetiremos!

MÁIS FOTOS NO SEGUINTE ENLACE

TELEINVASIÓN

A obra fai un repaso polos programas da tele de maior actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!

Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.

No mes de setembro estas magníficas actrices e actores escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.

O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, 21 DE XUÑO

    • Entrega dos carnnés de CIBEREXPERT@ por parte da Policía Nacional ao alumnado de 6º curso, despois de ter aprobado un programa que lles ensinou os riscos da internet e das RRSS. Na entrega estiveron presentes a Directora do Centro, Rita Lamas Álvarez; o Inspector Xefe en funcións da Comisaría de Policía de Viveiro, Manuel Borrajo Iglesias; o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González e a Delegada Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Gueimunde González.

O venres, 23 de xuño, último día do curso, todo o colexio trasladámonos ao Pavillón Municipal de O Cembedo para levar a cabo esta actividade tan esperada por todos nós.

“Non é grande aquel que nunca falla,

senon aquel que non se da por vencido”

Xornada deportiva de integración e valoración social que contou coa participación de atletas divididos en diferentes categorías.

    • Categoría Chupetín (non competitiva): unha volta ao circuito pequeno (180 metros)

    • Categoría Prebenxamín: unha volta e media ao circuito pequeno (270 metros)

    • Categoría Benxamín: unha volta e media ao circuito grande ( 570 metros)

    • Categoría Alevín: dúas voltas e media ao circuito grande (949 metros)

    • Categoría Absoluta: tres voltas e media ao circuito grande (1.328 me- tros)

    • Entrega de medallas e diplomas ao finalizar.

    • Representación da obra de teatro "O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto", a cargo do alumnado de 6º curso baixo a dirección do seu titor Antonio Ferreiro. Fixeron unha magnífica actuación. Todos os actores e actrices foron moi profesionais e estiveron moi metidos no seu papel, ademais tiveron un público moi entregado, disfrutando e aplaudindo a magnífica posta en escea. NORABOA A TOD@S.