EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

O martes, 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º curso, xuntos coas súas titoras Rosa e Xulia, viaxaron ata Narón para visitar o Parque Temático "ALDEA NOVA" onde participaron en diferentes talleres:

    • Astronomía: Proxección o planetario.

    • Ciencia divertida: Experimentos de física e química.

    • Achegamento á bioloxía: Traballos con microscopios, terrario...

    • Cultura Castrexa con xogos de rol.

No seguinte vídeo podemos ver as fotos da súa viaxe.

O mércores, 24 de maio, as profes Marta, Mari, Ana, Cris, Bibi e tamén a coidadora Esther acompañamos aos nenos e nenas de infantil nunha das súas primeiras xornadas de praia deste ano. Estivemos tan entretidos coa area, castelos, cunchas, colas de serea e de crocodilo ... que case nos esquecemos de merendar!. Eso sí, cando nos demos conta, o silencio asolagou a praia do Vicedo: que fame tiñamos!!

O alumnada de 5º e 6º curso, xunto coa profesora Virginia e o profesor Paco, fixeron a viaxe de fin de curso os días 24, 25 e 26 de maio. Foi unha excursión moi ben planificada na que poideron visitar moitos lugares de interese e onde o pasamos estupendamente.

O luns, 5 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º curso, xunto coas súas mestras Maricarmen e Angélica, realizaron a súa viaxe de fin de Curso a Marcelle.

O parque atópase nunha contorna natural, pertence á Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un zoo pequeno. Atopamos monos, osos, avestruces, lobos, bisontes, cebras, tartarugas, cabras, etc,