O SAMAÍN NO NOSO COLEXIO

O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio.

Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:

  • fixemos fichas para facer pequenos libros

  • debuxamos e escribimos contos

  • decoramos as portas e corredores

  • elaboraron un gran castelo que enchemos de figuras monstruosas que trouxemos das nosas casas e elaboradas con materiais de refugallo coa axuda de papá e mamá

    • tivemos sesión "de contos de medo" na Biblioteca coas das mestras Karen, Cristina e Angélica que nos contaron 3 contos: "A casa da miña avoa", "Onde viven os monstros" e "Carabuñas"

      • rematamos o día xogando e bailando no ximnasio