PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN ASPANANE

O noso centro participou no

Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa:

EU=QUE TI

que promove ASPANANE

Asociación de nen@s e adolescentes con necesidades especiais

Este Programa ten como obxectivos mellorar as posibilidades dunha inclusión real das persoas con discapacidade na comunidade. Pretende achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade educativa (Infantil e Primaria) contribuíndo, con ela, no fomento de actitudes e valores como a solidariedade, o respecto e o apoio mutuo.

Participan no programa:

  • Encargada: Isabel Otero Rodríguez

  • Usuarios e usuarias: José Manuel Vázquez , Mª José Rivas, Sara Breijo, Luis Tiagonce, Oliva Ferro , Fran Serantes, Belinda Parapar, Fernando Lamelas, Ángeles Pérez.

A través de Unidades Dicácticas levan actividades prácticas nas que o alumnado, a través de diferentes dinámicas e de maneira activa, acadará un maior coñecemento e empatía cara as persoas con discapacidade.

Cinefórum. A través de diferentes vídeos preténdese que o grupo reflexione e interiorice as vivencias dunhas realidades e actitudes proxectadas neles.

A acollida do Programa por parte do noso alumnado está sendo excepcional, participan activamente das actividades e amósanse curiosos ante as preguntas e retos que se lles plantexan.

Sorprende a empatía e os lazos que se crean cos usuarios e usuarios de ASPANANE.

Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.