O luns, 13 de febreiro fixemos no colexio a selección dos participantes no concurso, foron moitos os nenos e nenas que se presentaron e foi moi difícil a selección, quedando finalistas:
Grupo de 2º curso: Sara Asmerón, Diego Fernández, Lucas Fernández, Yeray López e Hugo Rey.
Alumna de 5º curso: Daniela Escudeiro.
O sábado, 18 de marzo, celebrouse a fase final en Outeiro de Rei, na Casa Museo do poeta Manuel María
AS NOSAS ACTIVIDADES:
Participamos na proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove para este venres, 17 de febreiro: Rosalía Te.
Caracterizámonos de Rosalía e marchamos cara á Praza do Chao onde lemos e cantamos poemas de Rosalía.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto:
Vídeo conmemorativo
Neste outro vídeo os nenos e nenas de infantil participando no ROSALÍA-TE
Outra proposta foi a través da colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro.