POSTA EN MARCHA DO PROXECTO

Estimadas familias:

Despois de dous anos sen poder realizar a actividade conxunta da “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE A MARIÑA”, este mes de maio volveremos a retomar a mesma.

Neste blog: http://microrredeamarina.blogspot.com/ temos recollido todas as actividades dende o ano 2012 (invitámosvos a visitalo).

A exposición conxunta leva por título: "A VOLTAS COAS PALABRAS"

Datas: do 9 ao 13 de maio. Na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.

Forma de exposición dos traballos: Cada centro presentará un cadro de tamaño 75cm X 95cm. No mesmo incluiranse códigos QR que nos levarán aos diferentes traballos realizados en cada centro. O noso colexio está levando a cabo o Proxecto Documental “Coñecemos Celeiro” e polo tanto serán as actividades realizados a través do mesmo as que levaremos á Exposición.

O noso cadro representará un “cardumen de peixes”, é dicir, peixes de diferentes especies. Así, o traballo que solicitamos ás familias é que no recadro da parte de abaixo pintedes un peixe ou animal mariño que queirades empregando diferentes técnicas e materiais, a poder ser que non teñan moito peso; tamén pintaredes o mar en cor azul. As familias con dous ou máis irmáns presentarán un só traballo. No colexio uniremos todos os debuxos.

Como en anos anteriores, esta actividade, é para facer en familia. Animámosvos a participar.

O traballo deberedes entregalo á volta das vacacións de Semana Santa, antes do 22 de abril, sen recortar e na mesma bolsiña.

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.