CIBES 2015

http://www.cibes2015.info/

Baixo o lema "Educación por competencias: reto del milenio para la interculturalidad y la inclusión social", celébrase en Getafe (Madrid), do 26 ao 28 de outubro, na Universidade Carlos III de Madrid, o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares, froito da colaboración entre esta universidade, o concello de Getafe e a Universidade Estatal Paulista de Brasil.

O colectivo de profesionais vinculados ás Bibliotecas Escolares poderán presentar comunicacións asociadas a algún dos catro eixos temáticos previstos:

  1. A biblioteca escolar no proceso educativo: ensinanza e aprendizaxe

  2. Comprensión lecto-escritora como factor de inclusión

  3. As alfabetizacións na Biblioteca Escolar

  4. Contidos para o desenvolvemento de competencias naBiblioteca Escolar

O prazo para a presentación de resumes de comunicacións remata o 6 de xullo.

Do 26 ao 28 de outubro tivo lugar na universidade Carlos III de Getafe en Madrid o 1° Congreso Iberoaméricano de Bibliotecas Escolares

CIBES 2015

A Mariña estivo representada co proxecto

"MICRORREDE DA MARIÑA: dinamizando as comunidades educativas a través da literatura".

As profesoras encargadas de expoñer o traballo foron:María Rolle do CEIP Plurilingüe de Covas e Mª Luz Iglesias do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles de Xove.

VÍDEO PRESENTACIÓN DAS NOSAS BIBLIOTECAS

que formou parte da comunicación da MICRORREDE

A MICRORREDE A MARIÑA vai participar no Congreso co proxecto que xa vai polo seu quinto ano e nel están integradas as bibliotecas escolares dos centros: EEI San Roque, CEIP de Cervo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, CEP Lois Tobío de Viveiro, CEIP Plurilingüe de Covas, IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte de Viveiro.

COMUNICACIÓN OU RELATORIO


Os traballos dos escolares coas familias son os protagonistas do proxecto e o obxectivo principal o fomento do hábito lector do alumnado. Con todos os traballos realízase unha exposición colectiva no concello de Viveiro na semana das Letras galegas.

Durante esa semana hai actividades dinamizadoras participando alumnado, profesorado e familias dos centros integrantes da microrrede.

Fotografía na EEI San Roque

preparando a comunicación

PRESENTACIÓN EN PREZI

COMO APOIO AO RELATORIO