EXPOSICIÓN CONXUNTA NO CONCELLO DE VIVEIRO

Como resultado final do traballo colaborativo,

realizamos unha exposición conxunta

na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

O luns, 11 de maio, fixemos a montaxe da mesma.

O martes, 12 de maio, inauguramos a Exposición

e tivemos as primeiras sesións de actividades a cargo

dos Centros Educativos:

EEI SAN ROQUE DE VIVEIRO

CEIP PLURILINGÜE DE GALDO

O mércores, 13 de maio, tocoulles o turno de actividades aos Centro educativos:

CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS de CELEIRO

CEIP PEDRO ROLLÁN CASELLES de XOVE

O xoves, 14 de maio, o

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

representou a obra

" A matemática historia de cadrado e circuliña".

Despois chegaron as Regueifas do

CEIP DE CERVO

(unha proposta moi, moi tradicional )

E, por último, o

CEP LOIS TOBÍO

que nos trouxo

" A vella do bosque "

(un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ),

"A vella a fiar " (retahíla musicada) e, por último, a profesora Rebeca fixo de excelente contacontos, narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título

"A vella do bosque ".

O venres, 15 de maio, rematamos as actividades e clausuramos a exposición .

Están encargadas de facelo os alumn@s dos institutos participantes : Vilar Ponte e María Sarmiento . Interpretan cancións infantís e " La verbena de la paloma "