Curso 2011-2012

DE ONTE A HOXE...

“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”

Dentro do proxecto da Biblioteca e en colaboración con outras Bibliotecas dos centros PLAMBE da zona (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), pretendemos cara as conmemoracións dos vindeiros meses (Mes do Libro, Letras Galegas) propoñer ás familias a participación nunha actividade que leva por título:

“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”

Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:

· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.

· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)

Á volta das vacacións e ata o 13 de abril enviádenos o folio co traballo plástico para facer unha exposición no centro e logo farase outra conxunta cos centros participantes nun local público.

A NOTICIA NOS BLOGS DAS

BIBLIOTECAS ESCOLARES

EEI SAN ROQUE

CEIP PEDROSA LATAS

CEIP de COVAS

A INAUGURACIÓN

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros e ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación.

Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros.

DÍPTICO DA EXPOSICIÓN

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN

Na clausura da exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado" houbo sesión de contacontos coa participación das mestras de infantil e primaria: Cristina Freán, Rebeca Palmeiro

e Paula López; tamén participaron profesoras e alumnos de secundaria.

Foi unha velada especial e pasámolo moi ben!

SESIÓN DE CONTACONTOS