CURSO 2012-2013

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.

Por iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos que se indican.

Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data tope o luns, 18 de marzo.

Cos traballos faremos unha exposición no propio centro coincidindo coa chegada da primavera e o Día da Poesía

(21 de marzo) e durante o mes de maio, unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.


PROGRAMA DA EXPOSICIÓN

A NOTICIA NOS BLOGS DAS

BIBLIOTECAS ESCOLARES

INAUGURACIÓN

SESIÓN de RECITADOS

O martes, 14 de maio, os alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles Rollán fixeron unha sesión de recitados da obra de Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario do seu libro "Cantares Galegos".

SESIÓN DE CONTACONTOS

O mércores, 15 de maio, houbo contacontos a cargo das mestras Angélica Novo e Rebeca Palmeira do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

Pasamos unha velada moi entretida e divertida!

DÍA DA CLAUSURA

O xoves, 16 de maio, fixemos a clausura da Exposición e como actuación especial correspondeulle ao coro do noso colexio cantando o poema de Cantares Gallegos "Has de cantar" que musicou a mestra de música, Marta Pérez.

Rematamos cantando cancións populares galegas de temática mariñeira.