POSTA EN MARCHA DO PROXECTO

Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia leva por título: Aprender a pensar na Biblioteca Escolar.No colexio estamos a traballar no proxecto documental Viveiro, o noso Concello, polo que nos imos centrar concretamente no aspecto feminino do mesmo buscando información dos seguintes apartados:

INFANTIL

--Profesións de mulleres relacionados co mar (redeiras, mariñeiras, traballadoras das fábricas de conservas…)

PRIMARIA (a elixir entre)

--As festas e romarías no noso Concello (A Rapa das Bestas, Procesión do Carme, A Festa da Merluza, A Candelaria…)

--As lendas, cancións, ditos, refráns relacionados co Concello de Viveiro e que teñan un “transfondo” feminino.