http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1239

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

QUEDA SUSPENDIDA A CONVOCATORIA DESTE CURSO POR MOR DA PANDEMIA DO COVID-19.

As e os compoñentes da MICRORREDE PLAMBE "A MARIÑA", reunidos virtualmente, acordamos suspender toda actividade relacionada con esta convocatoria e decidimos aprazala ata o vindeiro curso.

Como actividade especial acordamos editar un vídeo onde:

    • as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas

    • facemos un repaso das oito edicións anteriores

    • publicarémolo o día 23 de abril "DÍA DO LIBRO"