Excursións

22-23 Ruta polo río Barbantiño e visita do centro de interpretación de San Cibrao de Las - 2º de ESO - Septembro, 2022

En outubro (2022), dentro da programación do ProxectoTerra realizamos unha saída para coñecer a cultura castreña en San Cibrao de Las e pola tarde fixemos un tramo da ruta de senderismo do Río Barbantiño

21-22 Andaina de Fin de Curso Xirimbao – Praia fluvial de Pontevea

Atendendo á premisas de crear hábitos saudables nos adolescentes, á vez que damos a coñecer a contorna do Concello, como actividade final de curso, o departamento de de Paisaxe e Sustentabilidade volveu a propoñer e organizar, seguindo as pautas do Proxecto Terra, unha andaina de 5 km. á beira do Ulla para todo o alumnado do Centro, neste caso entre o coto salmoneiro de Xirimbao e a praia fluvial de Pontevea.

21-22 Paseo polo Parque Natural de Carreirón, na Illa de Arousa co alumnado de 4º ESO

En colaboración entre os departamento de Educación Física, Paisaxe e Sustentabilide e Educación Plástica:

Fai 2 anos, no curso 2019-20, o alumnado de 2º de ESO do IES N º1, tiña organizado xunto co programa do Proxecto Terra e dentro dá materia de Paisaxe, unha excursión de 2 días en Porto, pero a pandemia do COVID - 19 estaba nas portas, así que aprazouse. Despois intentamos outra excursión á Costa dá Morte pero tampouco puido ser, así que, ano e medio despois, e cando a pandemia parece amaninar, polo menos conseguimos disfrutar dun paseo polo Parque Natural de Carreirón, na Illa de Arousa. Un día fantástico cuns rapaces encantadores que souperon esperar pacientemente. Así que ben mereceron, polo menos, este pequeno desagravio.

2018-19 Ruta de Senderismo e Actividades Fin de Curso

O venres 21 de xuño, como remate do curso escolar 2018-19 o departamento de PAISAXE, organizou, para o alumnado e profesorado do IES Nº 1, unha RUTA DE SENDERISMO entre o Muíño do Salgueiro (Pina) e Paradela (campo da festa) pola beira do río Liñares. Ao remate desta pequena e cómoda ruta de 3'5 km (adaptada en 2'5 km. para persoas con mobilidade reducida), os membros do CLUB DE LECTURA achegaronse ata o Recreo Cultural para realizar a súa última actividade, pegarse un chapuzón na piscina e comer todos xuntos. O resto do alumnado tivo no Coto salmonero de Ximonde unha actividade lúdica para tomar o merecido bocata e, grazas á colaboración do Concello da Estrada ( #TurismoAEstrada ), realizar unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS INTERNACIONAIS.


2018-19 RUTA DE SENDERISMO POR LA PENÍNSULA DEL GROVE

Comeza o curso, e no IES Nº 1 aproveitamos o bo tempo para comezar as nosas rutas para coñecer o territorio organizadas dende os departamentos de Paisaxe, Bioloxía e Educación Física. Nesta primeira saída percorricomos case 12 km. da península do Grove, dende Pedras Negras ata a Punta Moreira, donde visitamos tamén o Museo da Salgadeira e baixamos ata a praia.a disfrutar deste tempo tan peculiar

PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO 2016-17

4 Outubro, 2016

Unha excursión educativa polo entorno do Ulla, comida no área recreativa de Agronovo e pola tarde coñeceremos o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

Actividades "Correntes do Ulla" e "Berce de Pazos" coa asociación medioambiental AMABUL

2015-16 Roteiro polo val de Vea

O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.