O intercambio

Intercambio Proxecto Terra 2022-23

Porto

O alumnado de 2° da ESO, dentro dos intercambios do Proxecto Terra realizaron unha excursión a Porto o 11 e 12 de maio.

O primeiro días visitamos a Fundación Serralves, xantamos nos xardíns da Fundación Serralves e fixemos un 1º Itinerario en autobús e a pé (centro de Porto, Gaia, as pontes,...) acompañados por dous guías, tanto no percurso en autobús como camiñando.

O segundo día fixemos un 2º Itinerario en autobús até Matosinhos ata  á parada de metro Senhor de Matosinhos  ata a Casa da Música, onde estivemos toda a mañá percorrendoa baixo outra visita guiada e exclusiva para nós.


Co material recollido polo alumnado nas clases preparatorias así como no intercambio e grazas ao bo facer dos dous guías que nos acompañaron na excursión pola cidade así como das guías na Fundación Serralves e na Casa da Música, o alumando elaborou distintas presentacións sobre a cidade de Porto



Traballo sobre o intercambio PROXECTO TERRA A PORTO

Intercambio Proxecto Terra 2021-22

Courel - Ribeira Sacra

O 28 e 29 de abril o alumnado de 2o de ESO participou no INTERCAMBIO COUREL-CAÑÓN DO SIL dentro das actividades complementarias da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, grazas ao patrocinio do PROXECTO TERRA.

O xoves 28 visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga, e xa á tardiña fixemos unha andaina cara á Lagoa de Lucenza - Fervenza de Vieiros.

O venres 29 desfrutamos dunha visita guiada ao Mirador de Campodola e á Alvariza da Granxa en Santa Eufemia e achegámonos ata a falla de Santa Eufemia, singular punto de interese do Xeoparque.

Pola tarde, dirixímonos á Ribeira Sacra, ao embarcadoiro de Doade, para percorrer o Canón do Sil en catamarán. Unha excursión estupenda que o alumnado disfrutou moito!!!

Agradecemos especialmente o labor de Guillermo e Iván, os dous magníficos guías de COUROLEANDO. Con eles coñecemos as singularidades do noso territorio, desfrutamos desa contorna con magníficas paisaxes e pasamos uns agradables momentos, combinando o lecer coa aprendizaxe.

Intercambio Proxecto Terra 2018-19 

Camiño de Santiago, do Cebreiro a Samos

Programa 18-19

O 3 e 4 de maio do 2019 o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO participou un ano mais nos intercambios do PROXECTO TERRA. Este ano fixemos o Camiño de Santiago en dúas etapas. A primeira de 13 km. (...e 650 metros de desnivel) dende o Alto do Poio ata Triacastela e o día seguinte disfrutamos da estupenda ruta entre Triacastela e Samos, de case 10 km. Ademáis, grazas a estupenda coordinación e asesoramiento de Juan Nicolás Fernández (mebro do grupo Proxecto Terra) aprendimos moito sobre as características deste entorno natural, do Camiño e da vida e histora do Cebreiro e Samos.Grazas a todos, incluído o alumnado que, ademáis de divertirse e aprender, unha vez mais respeondeu e supo comportarse á altura que se lle pide dende o IES Nº 1 

As Rutas

Plano_OCebreiro-Samos.pdf
Do Cebreiro a Samos.pdf

Proxecto Terra

Programas 18-19_2 Camiño.pdf

Mapas

programa da actividade.pdf

Intercambio Proxecto Terra 2017-16 

Courel - Ribeira Sacra

2015-16 COUREL - RIBEIRA SACRA

Dentro das actividades da materia de Paisaxe 1º ESO e a materia de Bioloxía de 4º participamosde maneira interdisciplinar dentro das actividades do Proxecto Terra no Intercambio Terretorial Courel - Ribeira Sacra o 26 e 27 de abril, 2016

Intercambio Proxecto Terra 2016-17 

Fragas do Eume - Ferrol

2016-17  FRAGAS DO EUME - FERROL

Como actividade interdisciplinar entre as materias de Paisaxe, Bioloxía e Educación Física, volvemos a participar, por segundo ano, no ProxectoTerra de Intercambio Terretorial, este ano na comarca de Ferrol e nas Fragas do Eume, o 28 e 29 de abril.

Fotos do intercambio Ferrol - Fragas do Eume, abril 2017

https://goo.gl/photos/1xZzLdPx1uK66rc88