2. Os elementos

Os elementos constitutivos das paisaxes poden ser diferenciados en dous grandes grupos: os estruturais e os texturais.

Os elementos estruturais son os que xorden da natureza e evolucionan en longos períodos de tempo, moi superiores á historia humana (millleiros ou millóns de anos). Son, entre outros, a estrutura do relevo, os tipos de rocha, a disposición dos ríos etc.

Os elementos texturais son os que derivan da actividade dos seres humanos e dos seres vivos; soen ser moito máis acelerados que os estruturais, en períodos de poucos anos, décadas ou séculos. Poden ser as vías de comunicación, os cultivos, etc.

Para analizar cada un destes elementos existen varios métodos de clasificación. Un deles é a clasificación ABC, que en Galicia podemos adaptar do seguinte xeito:

Estruturais --> A --> Elementos abióticos

Texturais --> B --> Elementos bióticos

Texturais --> C --> Elementos culturais ou antrópicos

Seguindo a plantilla deste enlace, cada alumno presenta un traballo con 3 imaxes da súa contorna: unha referida a un elemento abiótico; outra, cun elemento biótico e a terceira, cun elemento cultural ou antrópico. Ademais de indicar onde foron tomadas as imaxes, fai unha pequena descrición desa contorna.