Fotografía

Ruth Matilda Anderson (nada en Nebrasca en 1893 e finada en Nova York en 1983) levou a cabo cinco viaxes a España na década de 1920. Por Galicia estivo entre 1924 e 1926. Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, e mercou outras 2.800 a fotógrafos locais; na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotos. Son imaxes que adoitan recoller o ámbito rural e os oficios tradicionais. Estivo acompañada polo seu pai, que foi escribindo un diario.

Fonte:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ruth_Mathilda_Anderson

https://www.google.es/search?q=ruth+matilda+anderson&rls=ig&biw=1280&bih=855&site=webhp&source=lnms&tbm=isch&sa=X&sqi=2&ved=0CAYQ_AUoAWoVChMIoPzHj8CByQIVyFcUCh1LIgKV#imgrc=W-DbuNBhriv_EM%3A

Virxilio Viéitez Bértolo naceu en Soutelo de Montes (Forcarei) en 1930 e faleceu no mesmo lugar o 15 de xullo de 2008. O seu primeiro emprego foi na construción aos dezaseis anos e despois emigrou aos Pireneos e Cataluña. Aprendeu fotografía e xa en 1955 volveu a Galicia, onde abrirá un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste modo tivo a oportunidade de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima. As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos sociais como comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén actividades cotiás. Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, e foi a partir da década dos noventa cando o seu traballo se revalorizou.

Fonte:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Virxilio_Vi%C3%A9itez

https://www.google.es/search?rls=ig&hl=es&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1280&bih=899&q=virxilio+vieitez&oq=virxilio+&gs_l=img.1.3.0l5j0i30l2j0i24l3.784.3564.0.5601.9.6.0.3.3.0.173.838.0j5.5.0....0...1ac.1.64.img..1.8.860.kOO4JxEMvos#imgrc=Yt5k_Xm1angU7M%3A


Pedro Brey Guerra (Oca, A Estrada, Pontevedra 1889-1967), retratista vocacional e mestre de escola, documentou os seus traballos fotográficos no reducido ámbito da parroquia de Oca e na contorna estradense do Val do Ulla. Con eles reflicte unha veciñanza e un territorio que coñece fondamente con singular mestría e que chegan a esta mostra cedidos pola Familia Brey.