OBXECTIVOS

Coa nosa horta pretendemos que os nenos e as nenas do colexio poidan aprender conceptos, valores, actitudes e procedementos relacionados coas diferentes áreas. Intentarase que todo o que aconteza na horta sexa unha fonte de preguntas/problemas a traballar polo alumnado de forma que a horta sexa un recurso didáctico e un centro de interese que permita desenvolver proxectos de investigación máis globalizados, integrando tanto os contidos de diferentes áreas curriculares como os contidos transversais (educación ambiental, educación para o consumo, educación para a saúde, etc.).

A horta é un marco idóneo para traballar las liñas transversais, especialmente Educación Ambiental , pois nela teñen cabida temas como o consumo, a alimentación, o lixo e a reciclaxe, a saúde e o desenrolo de pobos e valores como a apreciación de todas as formas de vida, a equidade e a solidarizade para coas persoas e o planeta. Na horta xúntase a cultura escolar-científica e a vida cotiá, a través dela pódese descubrir as relacións que se establecen no noso modelo de consumo, na nosa saúde e a súas interaccións co medio ambiente e pódense facilitar aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social do alumnado dentro e fora do marco educativo.

Por medio do traballo na horta os nenos e nenas poden desenrolar moitas capacidades contempladas nas diferentes etapas educativas.

EDUCACIÓN INFANTIL

- Descubrir e utilizar as propias posibilidades motrices, sensitivas e expresivas.

- Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionadas co benestar persoal, na hixiene e no fortalecemento da saúde.

- Observar e explorar o seu entorno físico e social.

- Valorar a importancia do medio natural e a súa calidade para a vida humana.

- Observar os cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do entorno.

EDUCACIÓN PRIMARIA

- Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuír o seu desenrolo, adoptando hábitos de saúde e benestar.

- Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo.

- Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno natural e social.

- Identificar interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria.

Na etapa infantil pódense integrar as distintas dimensión do desenrolo infantil, a través de experiencias e actividades que teñan sentido afectivo e cognitivo e que lles implique activamente. A introdución da horta na etapa de Educación Primaria responde ao desenrolo dos obxectivos xerais de etapa citados anteriormente e proporcionar posibilidades para construír os aprendizaxes da área de coñecemento do medio.

O obxectivos xerais que se queren acadar na educación do alumnado mediante a horta son:

- Fomentar hábitos alimenticios saudables.

- Difundir a cultura tradicional da zona.

- Difundir os produtos da zona.

- Fomentar o respecto pola terra e pola vida.

- Analizar o medio físico-natural: como se relaciona e organiza.

- Coñecer o sistema agrícola.

- Buscar o coñecemento das nosas actitudes co medio ambiente.

- Apreciar a cultura gastronómica tradicional.

- Familiarizarse cos esforzos persoais e en grupo.

- Desenrolar o sentido da implicación, responsabilidade e compromiso na xestión da horta.

- Fomentar actitudes de cooperación mediante o traballo en grupo na planificación de actividades e as labores da horta.

Outra posibilidade de integración das actividades da horta escolar son os programas de actividades complementarios e extraescolares, podéndose potencia o uso das instalacións e equipamentos dos centros educativos despois do horario lectivo.

Os obxectivos que expoñemos para a horta escolar non son metas que teñamos que conseguir de forma terminal se non referencias que nos guiarán e nos orientarán no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Os resultados viran dados polas circunstancias nas que se ha desenrolará este proxecto: condicións dos alumnos/as, dinámica dos grupos, condicións ambientais, etc.