CARACTERÍSTICAS DO NOSO HORTO

As bases teóricas que utilizan os agricultores de agricultura ecolóxica son as que empregaremos para levar adiante o horto escolar ecolóxico.

Manteremos a saúde do horto escolar utilizando métodos de control naturais consistente en entender que as pragas e enfermidades só o son cando a planta que as ten, non pode seguir adiante co seu desenvolvemento debido á superpoboación do causante desta praga.

Isto lévanos a pensar que o obxectivo non é tanto combater a praga senón facer forte e sana á planta para que resista sen problemas.

Para conseguir este obxectivo hai que respectar catro principios básicos:

1) Facer rotación de cultivos.

Deste xeito aprovéitanse todos os nutrientes do chan e limítase o desenvolvemento das pragas.

Deseñeremos as rotacións dividindo en catro espazos (bancais) o horto e agrupando en tres grupos as especies de hortalizas elixidas segundo sexan aproveitadas as súas follas (1), as raíces ou bulbos (2), ou as súas flores ou froitos (3), o cuarto espazo dedícase a descanso, semilleiros...

A rotación faise cultivando na parcela de hortalizas o grupo 1, ao ano seguinte o grupo 2, ao outro o grupo 3 ata volver comezar.

2) Asociacións favorables e desfavorables.

As plantas presentan unha influencia mutua que se transforma nun maior desenvolvemento se teñen como veciñas a plantas determinadas, por razóns de emisións de aromas, afastamento de pragas, etc...

As aromáticas, por exemplo, xogan un papel importante, así como as leguminosas.

3) Métodos biolóxicos de control de pragas.

Nun horto escolar non debemos recorrer nunca á utilización de produtos insecticidas non só por razóns ambientais, senón tamén porque o manexo destes produtos polos alumnos pode resultar nun feito bastante perigoso.

Por iso fai falla ter alternativas. Ás veces inspeccionando os cultivos con frecuencia, intentado descubrir os ataques para tomar medidas rápidas antes de que se propague a enfermidade é suficiente. Noutras ocasións o método máis biolóxico consiste en retirar o insecto ou destruír as primeiras xeracións. Outro xeito é alterar os factores ambientais que favoreceron a aparición da praga.

Por último. dicir que o tratamento a base de pulverizacións a base de extractos de plantas (como por exemplo as estrugas, cola de cabalo, etc...) está máis que indicado.

4) Fertilización.

Tanto a fertilidade coma a actividade biolóxica da terra, deberán ser mantidas a base da incorporación de insumos orgánicos de orixe animal, abonos verdes procedentes do cultivo de leguminosas e do denominado "compost", produto resultante da descomposición da materia orgánica procedente de malas herbas, follas, ramas, restos de comida...