AVALIACIÓN

Valoraremos dous aspectos:

1.- Se se construiu fisicamente o espazo do horto e empregouse o horto escolar como un recurso pedagóxico máis.

2.- Se con isto conseguimos iniciarnos nunha educación ambiental integral coa contorna na liña marcada ao longo do proxecto.

¿Cómo avaliaremos estes criterios?

*Rexistro de actividades feitas e levadas a cabo.

*Rexistro de problemas atopados ao longo do seu desenvolvemento.

*Valoracións aportadas polos diferentes titores, alumnos/as, especialistas, familias, persoal do centro, e todos os implicados/as no proxecto etc...

*Elaboración dunha memoria detallada das actividades que se levaron a cabo, con soportes fotográficos e gráficos.

*Valoración das actividades paralelas que se fixeron se coidamos relacionalas globalmente co horto escolar.