INTRODUCIÓN

A metodoloxía de traballo no horto escolar proposta na presente guía permite abordar de forma global, tendo en conta a idade, unha pluralidade de obxectivos educativos de Educación Infantil e Educación Primaria, así como unha ampla variedade de contidos e áreas presente en ditas etapas educativas.

A horta escolar é un excelente recurso para converter os centros educativos en lugares que posibiliten múltiples experiencias acerca do seu entorno natural e rural, entender as relacións e dependencias que se teñen con él, e poñer en práctica actitudes e hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

Cando se pensa no traballo da horta escolar, estase a pensar nunha forma determinada de xestionar ese medio, nun ambiente equilibrado, en usos non prexudiciais para a terra, na diversificación e protección de cultivos, na conservación de augas e chans; en definitiva, pensamos nun tipo de agricultura respectuosa co medio ambiente, a agricultura ecolóxica.

Aínda que nun principio poda parecer que a horta é algo moi complicado e que require moito tempo e espazo, co método que aquí se propón e o soporte técnico e pedagóxico do proxecto ter unha horta na escola resultará moi fácil. Pretende ser un material que facilite ó alumnado a organización autónoma do traballo.

Hai que ter en conta que o obxectivo principal é o educativo e non a produción de alimentos, por iso adaptarase a horta o calendario escolar e os obxectivos didácticos por riba do criterio da máxima produción, sen por isto renunciar a ter unha colleita decente, claro está.

Para isto o profesorado terá que seleccionar os contidos a traballar, pensar no tempo e a organización que requirirá e prever os momentos e instrumentos de avaliación, é dicir, adecuar a súa realidade, necesidades e situación concreta.

O profesorado contará coa colaboración de A Estruga a cal se encargará do seu asesoramento técnico do proxecto tanto inicial como o longo do curso e da instalación inicial da horta.

Intentarase facer tamén participe a ANPA e ao Concello para que os/as alumnos/as comproben que o proxecto é importante para o seu entorno familiar e social.