AS ACTIVIDADES NO HORTO

Para a consecución dos obxectivos fan falla unha serie de actividades que permitan a experimentación, que dará paso a unhas vivencias persoais que nos permitan ir avanzando na adquisición das competencias básicas.

Dende o primeiro momento os nenos e nenas deben sentir o horto escolar como seu, desde que se empeza a formar ata o seu desenvolvemento, para que interioricen que é importante que eles/as estean aí, no seu coidado, nas tarefas, que estean implicados/as en definitiva dende o seu nacemento.

Por iso paga a pena desenvolver unhas actividades que motiven previamente, coas cales conseguiremos que lles apeteza iniciar un horto en común no que todos e todas participen. As actividades de motivación darán paso ás actividades propias do horto.

Actividades específicas do horto escolar

Neste apartado faise un guión orientativo das tarefas agrícolas a desenvolver no horto, en función da época do ano e do estado de cultivos, así como de observacións e reflexións arredor dos contidos que o horto escolar nos facilita.

Tarefas agrícolas

Preparación do terreo: volteo, cava, aplanamento, delimitación de táboas, sucos.

*Incorporación de insumos e fabricación de compost. *Sementeira de sementes no invernadoiro. *Plantación das primeiras plantiñas. *Rego. *Mantemento: sacar malas herbas, sachado, titorados... *Tratamento ecolóxico de pragas. *Recolección.

Reflexións de campo

*As sementes: tipos e diferenzas entre elas. *A xerminación: condicións favorables. *As plantas aliméntanse e respiran. *Os ciclos dos cultivos. *As condicións físico-químicas da terra. *A importancia dos aboamentos naturais. *Diferentes técnicas de sementeira, rego e mantemento. *As estacións do ano e os cultivos en cada unha delas. *A auga na vida das plantas. * Estudo do clima local. *Calendario de sementes lunar. *Propiedades das plantas medicinais. * As achegadas a preguntas dos nen@s.

Actividades posibles

Plantexamos unha boa mostra de posibles actividades que teñen como referencia o horto, entre outras:

Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

*Recoñecemento das percepcións sensoriais propioceptivas (que proveñen dos propios músculos e articulacións) e as percepcións extereoceptivas (relacionadas cos campos visuais, auditivos, olfactivos, táctiles, gustativos...)

*Recoñecemento dos sentidos como medio de expresión, percepción e comprensión do mundo que o rodea e como medio favorecedor do desenvolvemento cognitivo.

*Adaptación do ton e da postura ás características do obxecto, da outra persoa, da súa acción e da situación.

*Coordinación progresiva das súas habilidades psicomotrices finas e grosas. Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e conciencia da propia competencia.

*Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

*Valoración da axuda doutras persoas.

*Colaboración no mantemento de ambientes limpos e ordenados.

*Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr accidentes e evitar situacións de risco.

Linguaxes: Comunicación e representación

*Adiviñas, refráns e as cantigas populares, poesías, contos...

*Vocabulario do horto.

*Construción de textos, de receitas. Rexistro de nome de hortalizas. Mascota do horto. Confección de etiquetas con nome e debuxo.

*Arte: escoller cadros de diferentes artistas e pintores que pinten con produtos da horta.

*Plástica: collage con follas, sementes, flores, pedras... murais.

*Utilización de elementos naturais en traballos: cabazas, patacas... Experimentación e descubrimento de formas, cor, textura, espazo e volume.

*Debuxar e fotografar o horto para ver como se transforma.

*Lóxica-Matemáticas: realizar medicións, pesos, dimensións, conceptos lóxicos espaciais, temporais,…

*Medida do crecemento das plantas e partes.

Coñecemento da contorna

*Observar a influencia do sol nas plantas.

*Descrición da relación entre os seres vivos, a luz, a auga e a temperatura.

*Comparación e elaboración de conclusións entre cultivos de plantas en condicións favorables e outras que non.

*Investigar as plantas e animais autóctonos máis importantes da comunidade e relacionalos con algúns factores do medio físico.

*Establecer as relacións entre os diferentes tipos de vexetación e o lugar ao que pertencen.

*Análise da actividade agraria predominante na contorna e como se manifesta na paisaxe.

*Utilización responsable do ámbito e percepción da influencia da intervención humana na paisaxe.

*Valoración da importancia da conservación do medio.

*Identificación dos diferentes fenómenos atmosféricos (chuvia, frío, calor, vento...) e as súas consecuencias.

*Recoñecemento das consecuencias imprevisibles que a modificación de calquera elemento (auga, aire, terra) do medio natural poden ocasionar.

*Descrición da relación existente entre os elementos fundamentais do medio físico (auga, aire, terra) e a vida das persoas.

*Identificar as repercusións sobre a saúde dalgúns hábitos de alimentación e hixiene.

*Observacións do clima, precipitacións, temperatura...

*Fichas: de cultivos, de sementes, de pragas...

*Estudo das raíces, talos e follas.

*Observación de diferentes animais do horto: formigas, vermes, pulgóns...

*Observación da xerminación das sementes. Factores que favorecen.

*Realización de esbozo e plano das parcelas.

*Localizar cultivos no esbozo.

*Deseño e construción dun espantallo.

*Análise dos datos recollidos de xeito sistemático no horto.

*Realización dun herbario de especies espontáneas.

*Ficha de seguimento de cultivos.

*Saídas ambientais.

*Experiencias de reprodución de plantas por métodos sexuados e asexuados (esporas, gallos de follas, ramas, raíces...)

*Experiencias relativas ao pole.

*Experiencias relativas ao fototropismo e xeotropismo.

*Experiencias de crecemento das plantas.

*Obtención de esencias e perfumes de plantas aromáticas.

*Obradoiros de cociña e conservas.

*Obradoiros de tinguiduras vexetais, pintamos coas plantas e flores.

*Participación nunha repoboación forestal ou plantar unha árbore.

*Itinerario pedagóxico polos viveiros e centros agrarios da zona.

ACTIVIDADES NO HORTO ESCOLAR

(BLOG VOZ NATURA)

VÍDEOS DO HORTO ESCOLAR

(CANAL DE YOUTUBE)