Plan Acción Fundación Alcoa

curso 21-22

O día 7 de xuño tivemos a sorte de contar coa colaboración dos voluntarios de Alcoa para axudarnos a mellorar a contorna do noso cole.A través da ANPA, que solicitou este Plan Acción promovido pola Fundación Alcoa, organizáronse distintos traballos nos que colaboraron os voluntarios de Alcoa e os nenos/as do cole. Entre eles, a limpeza da charca, colocación de carteis nas árbores e plantas do patio e o horto e a instalación dunha estación metereolóxica con tablet que permitirá que realicemos moitas actividades no centro. Moitísimas grazas pola vosa implicación e colaboración.