curso 14-15

SEPRONAHoxe estiveron dous Gardas Civís do SEPRONA:

Iván Castosa gonzález

Roberto Pérez Páramo

A Garda Civil regresa un curso máis ás aulas, da man de Voz Natura, co obxectivo de previr os incendios forestais e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que o lume causa nos ecosistemas.

Por cuarto ano consecutivo, os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) desprazaranse novamente aos centros educativos para informar aos alumnos sobre a labor que desenvolven, ofrecerlles consellos útiles sobre a prevención de incendios e aclarar calquera dúbida ou curiosidade sobre o traballo de protección medioambiental.