curso 14-15

O martes, 28 de abril tivemos a oportunidade de contar con dous Formadores Medioambientales de SOGAMA Alba e Jorge, que impartiron unhas charlas informativas aos nosos alumnos e alumnas, dende 1º a 6º curso, dentro da campaña:

"Separemos ben, Reciclaremos mellor"

patrocinada pola Xunta de Galicia e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos: Ecoembes, Ecopilas, Ecovidro e SOGAMA.

Estas charlas forman parte das actividades que programamos ao longo do curso para seguir traballando a reciclaxe no colexio, nas casas e nas rúas.