curso 13-14

Este ano para conmemorar o DÍA DA ÁRBORE:

"APADRIÑA UNHA ÁRBORE"

NESTA PÁXINA PODEMOS VER OS VÍDEOS

Cada curso elixirá unha árbore das que temos no entorno do noso colexio e adicaralle unha poesía, ben de creación propia ou de autor coñecido e ademais faralle unha ilustración.

Cos traballos faremos unha exposición e logo con algúns dos poemas seleccionados elaboraremos un pequeno libro.

Tamén faremos unha sesión de recitados a carón das árbores apadriñadas o venres, 21 de marzo.

  • 4º Infantil: Camelio

  • 5º Infantil: Limoeiro

  • 6º Infantil: Oliveira

  • 1º curso: Loureiro

  • 2º curso: Castiñeiro

  • 3º curso: Acivro

  • 4º curso: Pereira

  • 5º curso: Carballo

  • 6º curso: Níspero

  • Aula de Inglés: Piñeiro

  • Aula de Música: Roseiras e plantas en xeral.

VÍDEO DAS FOTOS DA XORNDA MEDIOAMBIENTAL