CURSO 21-22: RETOS VOZ NATURA

Este ano Voz Natura, no seu 25 aniversario, propuxo unha serie de retos para fomentar accións de proteción, concienciación e recuperación medioambiental.

O eco reto do mes de outubro ten como obxectivo a limpeza da natureza.

PREME NA IMAXE

O eco reto de mes de novembro é o #RetoInvestigamos.

Xa que o Proxecto Documental deste curso ten como obxectivo coñecer a nosa parroquia, Celeiro, os nenos e nenas de 4º de Primaria asumiron o reto facendo unha pequena investigación sobre a agricultura en tempos dos seus avós. Neste video podedes ver o resultado da mesma.

O eco reto do mes de decembro é #RetoReutilizamos

A decoración navideña deste curso reutilizamos materiais: cds, cápsulas de café, periódicos,rolos de papel hixiénico, árbores con paos…

Eco reto Voz Natura de febreiro

Este mes o reto de Voz Natura é aforramos enerxía, desde o cole tratamos de fomentar hábitos de consumo sostible e así o reflectimos nestes carteis.


O reto de Voz Natura do mes de maio foi #RetoReciclamos, dende o cole iniciamos unha recollida masiva de tapas e tapóns. Grazas a ampla participación xuntamos unha morea de tapóns no noso recuncho de reciclaxe. Onte pasaron a recollelos dende a Deputación de Lugo para levalos a reciclar.