curso 20-21

Día Mundial do Medio Ambiente 05-06-2021

Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta.

Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Día Mundial dos Océanos 08-06-2021

como o Ano Internacional dos Océanos, con todo, a conmemoración anual non está aínda oficialmente recoñecida pola ONU. A celebración desta efeméride ambiental ten unha xustificación máis que evidente, xa que o 71% da superficie do planeta está formada polos mares e océanos. Ata fai relativamente poucos anos, concibíase aos océanos como unha fonte inesgotable de recursos para os animais que os habitan e os seres humanos. Agora, a comunidade internacional parece haberse concienciado da fraxilidade destes hábitats que se enfrontan a serias ameazas como a sobreexplotación, a contaminación ou a desaparición dos arrecifes de coral, entre outros.


NO COLEXIO IMOS REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES

EN COLABORACIÓN CON

PUERTO DE CELEIRO

CONCURSO ESCOLAR

RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021

E

DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN ATOPAREDES

AS BASES PARA O CONCURSO E

O PROGRAMA DA XORNADA DO DÍA 8 DE XUÑO


Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:

  • Nas aulas de infantil fixeron manualidades e nas de primaria un Trivial sobre o mar.

  • No ximnasio tivemos unhas charlas informativas e visuais sobre os animais dos mares e acéanos

  • No patio houbo actividades deportivas de relevos moi divertidas.

Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.

Estas actividades foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:

Queda por realizar o concurso de fotografía e a entrega dos premios.

Neste enlace temos as bases.



Agradecemos a Puerto de Celeiro todas as atencións para con nós.

Foron unhas actividades de moito proveito para o noso alumnado e pasárono moi ben!

MOITAS GRAZAS.

No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade:


Xornada Medioambiental.mp4

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO

Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este ano, sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021. Un concurso organizado, como cada ano, polo Puerto de Celeiro.

O xurado estivo conformado por Ana Feáns, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.

O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. O premio ao mellor traballo recaeu en Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleo e o terceiro para Nerea Pigueiras. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam e o terceiro para Sara Asmerón. As rapazas e rapaces gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña. O centro será premiado ademais cunha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros.

Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

O acto de entrega dos premios tivo lugar o venres 25 de xuño, Día da xente do mar, ás 12:30 no salón de actos do Puerto de Celeiro.


Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.