curso 21-22

Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), nace froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

A xornada dividiuse en 4 ambientes diferentes:

  • a primeira hora, todo o alumnado decorou a súa capa de superheroe e superheroína, con ela convertíronse en especialistas no coidado do Medio Ambiente

  • unha xincana de recolecta de lixo,

  • proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta

  • un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña.

O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria están convocados a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. O concurso está aberto ata o día 18 de xuño.


PROGRAMA 9 DE XUÑO CELEIRO.pdf