Actividades extraescolares 2024-2025

Periodo de inscrición nas actividades extraescolares para o actual curso 2024-2025

20 de Xuño ó 15 de Xullo



Estimadas familias:

Dende a ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA poñemos en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas. 

Como o pasado curso as actividades serán xestionadas por AVANZA SERVICIOS ESCOLARES (691 475 060).

PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES É NECESARIO PAGAR UNHA MATRÍCULA DE 21 EUROS POR CURSO E FAMILIA. 

A MATRÍCULA É GRATUÍTA PARA AS FAMILIAS QUE SE ASOCIEN Á ANPA NO CURSO 2024-2025. Ver menú Asociarse.

A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. 

O enlace para formalizar a inscrición é o seguinte: https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS4c/course_reservations/new


FORMA DE PAGO: A DOMICILIACIÓN REALIZARASE DO 1 AO 10 DE CADA MES NA CONTA INDICADA POR CADA FAMILIA. 

PARA CURSAR A BAIXA NUNHA ACTIVIDADE É NECESARIO COMUNICALO Á EMPRESA POR TELÉFONO OU CORREO-E ANTES DO DÍA 20 DO MES ANTERIOR. (As devolucións de recibos supoñen un recargo de 4 €).

PREZOS:

• Actividades 1 hora á semana (todas excepto patinaxe e cociña): 16,50 €/ mes

*A actividade de Pintura ten unha cota anual de 26 € en concepto de materiais.

• Actividades 2 horas semana (patinaxe e cociña): 24,50 €/mes

*A actividade de Cociña ten unha cota de 16 €/trimestre




Para mais información sobre as actividades podedes contactar coa empresa no teléfono 691475060 ou no mail santiago@avanzaserviciosescolares.es


As actividades de teatro, baile tradicional e pandeireta están subvencionadas pola Deputación da Coruña.