Partindo dun mundo en constante cambio, cremos necesario unha sensibilización e concienciación nas aulas do noso centro sobre a problemática existente en torno ao cambio climático, o coidado do medio ambiente e a adopción de medidas urxentes para paliar o deterioro do planeta.
Xurde así, desde o Club de Ciencia, o proxecto PLASTIK-0 coa creación dunha app deseñada cunha plataforma NoCode gratuíta que incorpora diferentes xogos para concienciar sobre unha correcta reciclaxe de residuos que poderán utilizar como recurso nas aulas tanto o alumnado como o profesorado do centro.