O noso centro pertence a rede de escolas da Unesco, e no Club de Ciencia consideramos necesario avanzar na axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Por isto, decidimos crear unha app na que o alumnado do centro aprenda a coidar da contorna seguindo algúns dos ODS marcados na mesma (ecosistemas, vida submarina, clima, enerxías, reciclaxe...)

Entre as opcións dispoñibles no menú da app, atoparemos un cuestionario co rexistro semanal de merendas sen plásticos, unha enquisa sobre  reciclaxe, xogos de Kahoot e Pasapalabra ou videoxogos en Realidade Virtual e Aumentada.

Botádelle un ollo para convertirvos en expertos na reciclaxe! O coidado do Planeta conta!