O océano impulsa os sistemas mundiais que fan da Terra un lugar habitable para o ser humano. A nosa choiva, a auga potable, o tempo, o clima, os litorais, gran parte da nosa comida e mesmo o osíxeno do aire que respiramos proporciónaos e regula o mar.

Unha xestión coidadosa deste recurso mundial esencial é unha característica clave dun futuro sostible. Con todo, na actualidade, existe unha deterioración continua das augas costeiras debido á contaminación e á acidificación dos océanos que está a ter un efecto adverso sobre o funcionamento dos ecosistemas e a biodiversidade. 

Protexer os nosos océanos debe seguir sendo unha prioridade. O noso alumnado do Club de Ciencia toma boa nota diso e deseña videoxogos en 3D para concienciar a toda a comunidade educativa.