No Club de Ciencia do CEIP Ponte dos Brozos o alumnado de 5º e 6º de Primaria ten a oportunidade de aprender explorando novos métodos e recursos para a creación de contornas virtuais en 3D, de realidade aumentada ou intelixencia artificial.

É unha actividade voluntaria que se oferta para os periodos de lecer e trata de  fomentar a creatividade do alumnado priorizando o seu papel como creadores das súa aprendizaxe.


Os alumnos e alumnas aprenden ao seu ritmo, atopándose con desafíos que teñen que superar a través da súa propia experiencia, utilizando a súa creatividade e imaxinación e sempre baixo a supervisión e apoio das mestras.

PEPA SANJURJO



LUZ PÉREZ


BEGOÑA CODESAL


ROSA MOREIRAS