A escaseza da auga, un dos nosos recursos naturais máis valiosos, é un asunto que causa preocupación en todo o mundo. Para construír un futuro sostible é importante tomar decisións verdes e levar a cabo acciones amigables co medio ambiente. Unha destas é a utilización de mecanismos de recolección de auga de choiva, que permite aforrar ata un 40% do consumo de auga no fogar.

O alumnado do Club de Ciencia toma boa nota diso e deseña xogos en 3D ao estilo Minecraft onde hai que recoller cubos cheos de auga da choiva para ser utilizada posteriormente para a rega de plantas e cultivos, descarga en inodoros, lavado ou outras tarefas do fogar.