EXERCICIOS

TRABALLO PARA A SEMANA DO...

1. Como é a poboación do planeta? 

A DEMOGRAFÍA* é a ciencia que estudia a estrutura da poboación (número de habitantes, natalidade, mortalidade, dinámica, etc.).

Segundo Nacións Unidas, a poboación mundial supera os 7 900 millóns de persoas e aumenta uns 80 millóns cada ano. Terá a Terra capacidade para manter a tanta poboación?

DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN

Os factores que condicionan a distribución da poboación nun territorio son os seguintes:

Non obstante, para poder comparar a distribución da poboación de diferentes territorios, é necesario coñecer a DENSIDADE DE POBOACIÓN*. Trátase dun cálculo que relaciona o número de habitantes dun territorio coa súa extensión (hab./km2).

As zonas máis poboadas, con densidades superiores aos 300 hab./km2, son o sur e sueste asiático (China, Xapón e India), Europa (sur do Reino Unido, Países Baixos e Alemaña), Oriente Próximo e costa leste de EEUU.

Pola contra, as zonas máis despoboadas son as rexións frías de Groenlandia ou da Antártida, os bosques ecuatoriais de Sudamérica ou as zonas desérticas de África e Australia.

Sobrepoblación_ la explosión demográfica humana explicada (480p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Sobrepoblación. A explosión demográfica humana explicada
Densidad de población. (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Santillana: Densidade de poboación
Historia Mundial de la Población (HD, 1080p) (720p_30fps_H264-192kbit_AAC).mp4
Historia mundial da poboación
Redes - Envejecemos y seremos menos.mp4
REDES: Envejeceremos y seremos menos
La población mundial se está extinguiendo y los niños serán el _petróleo del futuro_ (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
La población mundial se está extinguiendo y los niños serán el petróleo del futuro

2. Cal é a dinámica natural da poboación? 

INDICADORES DEMOGRÁFICOS | NATALIDADE E FECUNDIDADE

A natalidade é o número de nacementos que se rexistra nun lugar durante un ano. Ao relacionar o número de nacidos co total da poboación obtense a TAXA DE NATALIDADE*, que se expresa en tantos por mil (‰).

A fecundidade expresa a media de fillos que teñen as mulleres dun lugar durante un ano. A relación entre o número de nenos nacidos e o número de mulleres en idade de procrear (entre 15 e 49 anos) dá a TAXA DE FECUNDIDADE* que se expresa en tantos por mil (‰)

FACTORES

Existen grandes contrastes na natalidade e fecundidade dos países desenvolvidos e dos non desenvolvidos. Son varias as razóns:

¿Cómo frenar el retroceso de la tasa de natalidad_ _ Berlín político (360p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Berlín político: Como frenar o retroceso da taxa de natalidade?
Italia_ la tasa de natalidad a mínimos históricos (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4

INDICADORES DEMOGRÁFICOS | MORTALIDADE

A mortalidade é o número de defuncións que se producen nun lugar ao longo dun ano. Cando se pon en relación o número de falecidos coa poboación total dese lugar, obtense a TAXA DE MORTALIDADE*, que se expresa en tantos por mil.

A mortalidade infantil fai referencia aos falecidos menores dun ano nunha poboación e considérase un indicador do grao de desenvolvemento.

FACTORES

A mortalidade reduciuse no mundo notablemente dende 1950. Non obstante, as taxas varían moito segundo o grao de desenvolvemento dos países.

Os factores que explican este proceso son:

INDICADORES DEMOGRÁFICOS | ESPERANZA DE VIDA

O descenso da mortalidade reflicte o aumento da ESPERANZA DE VIDA* ao nacer. Esto é un cálculo da media de anos que pode chegar a vivir un recén nacido nun lugar concreto. Neste caso tamén se observan contrastes: mentres nalgúns países africanos e asiáticos a esperanza de vida apenas supera os 40 anos, en Europa ou América do norte é habitual vivir ata os 80 anos.

Envejecimiento_ ESPAÑA y Occidente CONTRA LAS CUERDAS - VisualPolitik (360p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
VisualPolitik: Envellecemento. España e Occidente contra as cordas. 

NEOMALTHUSIANISMO | A FAVOR OU EN CONTRA?

EL MITO DE LA SUPERPOBLACIÓN CATASTRÓFICA (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
O mito da superpoboación catastrófica
La Metafora del Cuarto de Baño - Isaac Asimov (240p_30fps_H264-96kbit_AAC).mp4
A metáfora do cuarto de baño de Isaac Asimov
Superpoblación - El Mayor Problema Ecológico (240p_30fps_H264-96kbit_AAC).mp4
Superpoboación. O maior problema ecolóxico
Alertan sobre peligros de sobrepoblación mundial (288p_30fps_H264-96kbit_AAC).mp4
Alertan sobre peligros da sobrepoboación mundial
Superpoblación Consumo y Recursos (240p_30fps_H264-96kbit_AAC).mp4
Superpoboación. Consumo e recursos.
Retro Report: He Predicted Overpopulation Would End the World Decades Ago

INDICADORES DEMOGRÁFICOS | CRECEMENTO VEXETATIVO

O CRECEMENTO VEXETATIVO* ou crecemento natural é o cálculo da diferenza entre os nacementos e as defuncións. Se o crecemento é positivo, hai máis nacementos que mortes polo que a poboación aumenta. Se é negativo, hai máis mortes que nacementos e a poboación diminúe.

Nos países desenvolvidos, o crecemento natural é moi baixo, arredor do 0,2%, ou incluso negativo, porque a natalidade é moi baixa. Neles, a poboación envellece. Nos países en proceso de desenvolvemento, o crecemento natural é alto, pola elevada natalidade e polo descenso da mortalidade debido ás melloras sanitarias (vacinacións, medicamentos...). Así, nestes países a poboación é moi nova.

Vicens Vives: Crecemento demográfico mundial

3. Que é a teoría da transición demográfica

A evolución da poboación e as diferencias demográficas entre os países máis desenvolvidos e os que están a desenvolverse explícanse a partir da TEORÍA DA TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA* segundo a que hai catro etapas diferenciadas na evolución da poboación dun país.

1. Responde ás seguintes preguntas sobre a gráfica da evolución da natalidade e a mortalidade:

Alberto Poza: Teoría de la transición demográfica
Gráfica sobre a evolución da natalidade e a mortalidade segundo a teoría do réxime demográfico.

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS:

YoEstudio: La transición demográfica
En pocas palabras: Sobrepoblación. La explosión demográfica explicada

4. Para que serve unha pirámide de poboación

¿Que é unha pirámide de poboación ?

Unha PIRÁMIDE DE POBOACIÓN* é un gráfico de barras horizontais, resultado da combinación dun dobre eixe de coordenadas, que representa a poboación, por grupos de idades e por sexos, nun momento e lugar determinado.

As pirámides de poboación permiten interpretar a dinámica e a evolución dunha poboación porque tamén facilitan información acerca de guerras, epidemias, movementos migratorios, mortalidade infantil, políticas demográficas etc.

INE: Pirámides de población
Practicopedia: ¿Cómo se elabora una pirámide de población?

3. A partir dos datos da táboa, elabora a pirámide de poboación de Galicia.

PIRÁMIDES DE POBOACIÓN | TIPOS 

A forma ideal da pirámide de poboación é o triángulo equilátero pero moitos acontecementos históricos poden modificar o perfil da pirámide. O perfil da pirámide indica as características da poboación e adoitan establecerse tres tipos:

Estas formas ideais explícanse pola natalidade a mortalidade pero para analizar unha pirámide tamén hai que ter en conta as migracións e os acontecementos históricos (guerras, epidemias).

Pirámide de poboación de Galicia. Ano 1900

Expansiva (forma triangular ou de parasol)

As pirámides deste tipo presentan base ampla, o que representa a unha poboación nova con altas taxas de natalidade, o que parece indicar tamén un rápido crecemento da poboación.Por outra banda, a poboación diminúe rapidamente cara ao cume debido a taxas de mortalidade elevadas e á baixa esperanza de vida.É o modelo típico dos países subdesenvolvidos.
Pirámide de poboación de Galicia. Ano 1970

Estable (forma de campá ou oxiva)

Este tipo de pirámides teñen a base e a zona central practicamente do mesmo tamaño, o que indica que hai un número de persoas aproximadamente igual nos grupos de idade nova e adulta.Adoita presentar unha taxa de crecemento lenta ou case nula.Corresponde aos países en vías de desenvolvemento.
Pirámide de poboación de Galicia. Ano 2005

Regresiva (forma de urna ou bulbo)

Estas pirámides presentan unha base máis estreita que os chanzos centrais porque representan un rápido descenso na fecundidade co correspondente decrecemento da poboación. É o modelo característico dos países desenvolvidos.

1. Responde ás preguntas sobre as seguintes pirámides de poboación:

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS

Análise de mapa de fluxos migratorios

Hai que ter en conta os seguintes aspectos:

Mapa de fluxos migratorios [correxido]

INTRODUCIÓN

O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dun mapa do mundo que representa as principais zonas emisoras de emigrantes e receptoras de inmigrantes así como os principais fluxos migratorios (definir brevemente),é dicir, as rutas ou correntes migratorias dos traballadores cualificados e non cualificados.

DESCRIPCIÓN | QUE HAI NO MAPA?

(introduce o parágrafo...) En primeiro lugar, (podes empezar falando en xeral...) podemos observar como, en xeral, as zonas emisoras ou de saída de emigrantes son África do Norte, América Central, o sueste de Asia e Oceanía,  mentres que as principais zonas de destino ou recepción de inmigrantes son Norteamérica, Europa occidental e Australia. (Xa falaches das zonas… A continuación fala das rutas…)  A continuación, analizaremos os principais fluxos ou correntes migratorias entre estas zonas: (ordena a información por continentes…) 

CAUSAS | MOTIVOS PARA EMIGRAR

(introduce o parágrafo...) En segundo lugar, analizaremos as causas destes movementos migratorios (podes empezar falando en xeral...) que soen ser de carácter político, económico, social ou natural. En xeral, podemos ver que as principais zonas de emisión de emigrantes son países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento. (ordena a información por continentes…) 

Finalmente, no caso dos traballadores cualificados. os motivos son fundamentalmente económicos xa que migran voluntariamente a países máis desenvolvidos e cunha situación económica mellor para poder mellorar a súa situación laboral. 

Faltaría facer unha CONCLUSIÓN pero, de momento, queda así.  


5. Como é a poboación europea?

1. Lee os seguintes apartados do libro de texto:

* Busca as palabras descoñecidas e pregunta as dúbidas a través do foro ou do mail.

2. Mira os vídeos para entender mellor os contidos do texto.

3. Elabora unha táboa no teu caderno: 

Euronews:¿Cuáles son las perspectivas demográficas de Europa?