EXERCICIOS

TRABALLO PARA A SEMANA DO...

1. Por que mellorou a economía nos séculos XI e XII?

ECONOMÍA | EXPANSIÓN AGRÍCOLA 

No século XI e XII produciuse o óptimo climático medieval, un período de tempo especialmente cálido que afectou a toda Europa. Deste xeito, a produción agrícola medrou. Ademais, en Europa aumentouse a superficie cultivada porque se desecaron pantanos e se cortaron árbores. Tamén se introduciron novas técnicas agrícolas que facilitaron o traballo dos campesiños:

Os campesiños seguían a practicar a AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA* pero o incremento da produción agrícola favoreceu a mellora na dieta polo que diminuíu a mortalidade, aumentou a natalidade e a poboación europea medrou.

Un mundo sin fin - campesinos.mp4
Un Mundo sen Fin (Serie TV): Campesiños
La cuna de Halicarnaso: Que cambios ocurrieron a partir del año 1000?

ECONOMÍA | DESENVOLVEMENTO DO COMERCIO 

A mellora da produtividade agraria aumentou os excedentes que se comercializaban. Ademais, o crecemento da poboación fixo aumentar a demanda, é dicir, a necesidade de produtos. Por iso, aumentou a artesanía e o comercio.

A partir do século XII os comerciantes empezaron a viaxar e reunirse nas grandes FEIRAS*, como a de Champagne (Francia). Tratábase de mercados periódicos de grandes dimensións onde se vendían numerosos produtos. Para as longas distancias, os barcos permitían máis capacidade e velocidade. As rutas máis importantes do comercio marítimo eran:

A expansión do comercio fixo necesario o uso da moeda e trouxo novas técnicas bancarias como os préstamos con xuros, que permitían pedir diñeiro prestado aos bancos a cambio de que, ao devolvelo se pagase unha porcentaxe do diñeiro prestado, ou as letras de cambio, que permitían viaxar sen necesidade de levar diñeiro en metálico.

Os monarcas, interesados no crecemento do comercio do que obtiñan grandes beneficios, melloraron os camiños e fixeron leis para protexer aos mercadores.

princippia: Viajar en la Edad Media. Marco Polo
Netflix: Marco Polo (serie, 2014)

2. Como eran as cidades medievais?

CIDADES | CRECEMENTO URBANO

A partir do século XII Europa experimentou un gran crecemento urbano, tanto das antigas cidades coma doutras novas (BURGOS*), fundadas en puntos estratéxicos das rutas comerciais. As causas deste crecemento foron:

Aínda así, as cidades medievais eran pequenas. As máis grandes eran París en Francia, as cidades dos Países Baixos como Bruselas ou Bruxas e as do norte de Italia como Florencia ou Venecia.

Ciudades, mercaderes e artesáns_SD_DOWNLOAD.mp4
Juan Fernando Fandiño Ramírez: Ciudades, mercaderes y artesanos

A ESTRUTURA DAS CIDADES

As cidades da Idade Media adoitaban estar situadas preto das vías de comunicación, en zonas que puidesen abastecer as necesidades da súa poboación: terreos de cultivo, ríos, bosques, canteiras, etc.

Estaban completamente rodeadas por murallas, que se ían ampliando segundo a poboación crecía. No interior do recinto, a edificación facíase, normalmente, sen planificar polo que tiña plano irregular. As rúas, estreitas e sen rede de sumidoiros, organizábanse ao redor da praza maior, onde se celebraba o mercado e onde se atopaban os principais edificios: a catedral, o concello e a lonxa.

As casas agrupábanse en barrios que reunían á poboación segundo a súa profesión ao redor dunha igrexa parroquial. A maior parte da poboación era cristiá, pero había grupos de xudeus e musulmáns que vivían en barrios separados: as XUDARÍAS* para os xudeus e as MOURARÍAS* para os musulmáns. Tamén había hospitais e hospederías para os viaxantes.

3. Observa o debuxo e responde á seguintes preguntas: 

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

ArteHistoria: La ciudad medieval
MAN: Edad Media. La ciudad medieval.

CIDADES | SOCIEDADE URBANA

A división da sociedade feudal en tres estamentos non cambiou pero apareceu un grupo social novo non privilexiado. O conxunto de persoas que vivían nas cidades chámase BURGUESÍA*:

O GOBERNO DAS CIDADES

Os burgueses loitaron por librarse do poder do señor feudal e obter o dereito de autogobernarse. Para iso, contaron coa axuda dos reis que lles concederon un FORO*, un documento no que se recollían os dereitos e privilexios da poboación.

O goberno das cidades, inicialmente, estaría formado por unha asemblea de veciños ou comuna pero, co crecemento de poboación, as asembleas deron paso aos concellos que estaban presididos polo alcalde. Co tempo, o goberno da cidade acabou en mans das familias máis ricas.

Foro de Caldelas.mp4
O foro de Caldelas

2. Realiza unha pirámide social da sociedade urbana medieval, sinala os diferentes grupos sociais e indica os que son privilexiados.

3. Responde ás seguintes preguntas:

4. Le o seguinte texto e, reflexionando sobre os teus coñecementos, responde á seguinte pregunta:

Hai un proverbio medieval que afirmaba que "o aire das cidades fai libres aos homes" e describe o atractivo das urbes na Idade Media. Se un servo conseguía vivir un ano na cidade sen ser detido polo seu señor, pasaba a ser libre. Na cidade había ricos e pobres pero todos eran libres, non sometidos a un señor. As cidades eran, en certa maneira, pequenas illas de liberdade no mundo feudal.

Vicens Vives: O aire da cidade fainos libres
La sociedad urbana medieval

3. Que eran os gremios?

GREMIOS | ARTESÁNS E GREMIOS

A partir do século XIII, debido ao crecemento da poboación, aumentou a demanda de produtos elaborados e desenvolveuse a artesanía. Osartesáns facían moitas actividades: tecedores, zapateiros, carpinteiros, panadeiros, ferreiros... Todos elaboraban á man os seus produtos, coa axuda de poucas ferramentas. Así, as cidades convertéronse en centros de produción.

Os artesáns dun mesmo oficio asociábanse formando GREMIOS*. Os gremios especificaban as normas do oficio e os dereitos e deberes dos artesáns. Ninguén podía exercer un oficio se non pertencía ao seu gremio polo que evitaban a competencia dos que non estivesen capacitados para exercelo.

Os gremios controlaban a produción artesanal como un monopolio: distribuían as materias primas, establecían os prezos e aseguraban a calidade dos produtos. Ademais, ocupábanse da asistencia aos artesáns e ás súas familias xa que os asociados pagaban unhas cotas e con eses ingresos atendíase aos enfermos, ás viúvas e aos orfos.

Os gremios tamén controlaban a formación e a carreira profesional dos artesáns. So os mestres podían instalarse pola súa conta, ter o seu propio obradoiro e obter os beneficios do traballo.

Un mundo sin fin - gremio.mp4

Responde ás seguintes preguntas:

gremios_BCN_SD_DOWNLOAD.mp4
La catedral del Mar: A que se dedicaban en el siglo XIV?

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

Canal Historia: La Edad Media: Ciudades, mercaderes y artesanos (DOCUMENTAL COMPLETO)

4. Como era a política na Baixa Idade Media? 

POLÍTICA | FORTALECEMENTO DO PODER REAL

Desde o século XII os reis europeos fortaleceron o seu poder fronte aos señores feudais. Os motivos foron os seguintes:

Ademais, os reis aumentaron os seus territorios mediante conquistas ou unións matrimoniais cos herdeiros dos grandes feudos.

AS CORTES

A partir do século XIII os reis comezaron a aceptar a presenza da burguesía nas institucións políticas e empezaron a convocar CORTES*, reunións de carácter político nas que estaban representados os tres estamentos. Deste xeito o rei recoñecía a importancia da burguesía pero sobre todo buscaba a súa contribución económica. Por iso, as funcións das cortes eran dar consello político ao rei e establecer novos impostos.

2. Responde ás seguintes preguntas:

4. Observa o mapa dos reinos europeos no século XIV e responde.

Vicens Vives: Os reinos de Europa Occidental cara a 1350

5. Como se produciu a crise da Baixa Idade Media? 

BAIXA IDADE MEDIA | CRISE DO SÉCULO XIV

El periodo medieval calido (900-1300 dc) - Vídeo Dailymotion_manifest.mp4
Raul Espert: El periodo medieval cálido

A Baixa Idade Media é o último período da Idade Media que comprende os séculos XIV e XV e caracterízase por unha grave crise.

CRISE AGRARIA

Durante a primeira metade do século XIV, o final do óptimo climático medieval produciu en Europa unha grave crise agraria:

Mundo sin fin_siervos.mp4
Un mundo sen fin: Revolta campesiña

PESTE NEGRA

As enfermidades eran habituais na Idade Media pero entre 1348 e 1352 Europa sufriu unha epidemia de PESTE NEGRA* que provocou gran mortalidade. Nun período de cinco anos morreron entre 20 e 25 millóns de persoas, a cuarta parte da poboación europea. Tras o asedio de Caffa, a peste transmitiuse moi rápido por Europa a través das rutas comerciais. As malas condicións de saúde e de hixiene favoreceron a súa expansión. A peste negra foi considerada un castigo de deus polos pecados da humanidade. 

1-la-peste-negra-que-fue-lo-que-causo-tanta-mortandad_SD_DOWNLOAD.mp4
Canal Historia: La Peste Negra

CRISE SOCIAL

Durante a Baixa Idade Media a crise agraria e a peste negra xeraron un clima de malestar entre a poboación que favoreceu as revoltas populares:

Moitas destas revoltas se dirixían a colectivos en concreto como os xudeus a quen se culpaba da propagación da peste. Entre as revoltas máis coñecidas están a Jacquerie en Francia e os Irmandiños en Galicia que loitaban contra os abusos dos nobres. Todas estas revoltas foron controladas polos reis e os nobres.

CRISE POLÍTICA

A causa principal das guerras en Europa foi a necesidade de conquistar novos territorios que enfrontou a uns países con outros pero tamén o fortalecemento do poder do rei supuxo conflitos cos nobres xa que para afianzar a súa autoridade os reis tiveron que someter a nobreza. A GUERRA DOS CEN ANOS*, entre Francia e Inglaterra pola pretensión do monarca inglés a acceder ao trono francés, foi o principal conflito desta época. As guerras destruían os cultivos e facían subir os impostos para poder pagar os gastos militares.

Copia o seguinte esquema no teu caderno:

La cuna de Halicarnaso: La crisis del siglo XIV y el final de la Edad Media
El cubil de Peter: La historia de la Peste Negra 💀

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

El covid-19 se ha cobrado ya 6,7 millones de vidas en todo el mundo. Sin embargo, pese a lo dramático del dato, la historia puede ayudar a aportar cierta perspectiva a lo que está sucediendo. Y es que, a pesar de la gravedad del brote originado en China en noviembre pasado, está muy lejos de situarse entre las pandemias más mortíferas de la historia. La que cuenta con ese dudoso honor es la Peste Negra.
La Peste Negra_ Canal Historia (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Canal Historia: La Peste Negra (DOCUMENTAL COMPLETO)
La guerra de los cien años. (480p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
ArteHistoria: La Guerra de los 100 años