APUNTAMENTOS

1. Por que se produciron as exploracións?

ECONOMÍA | RECUPERACIÓN 

A desaparición das grandes epidemias e a elevada natalidade permitiron o incremento da poboación polo que, a finais do século XV, Europa volvía a contar cuns 70 millóns de habitantes. Este aumento da poboación manifestouse no crecemento das cidades e no incremento da produción agrícola e artesanal.

O aumento da demanda propiciou o auxe do comercio que se realizaba especialmente polas rutas marítimas. Os portos do Atlántico estaban especializados en la, panos, trigo e viño mentres que a través do Mediterráneo chegaban a Europa especias e produtos de luxo de Oriente.

A BURGUESÍA* foi o grupo social mais beneficiado xa que investía o seu diñeiro en actividades que proporcionaban beneficios como o comercio, as manufacturas e a banca.

POR QUE ERAN TAN IMPORTANTES AS ESPECIAS?As especias eran produtos que non se producían en Europa e que se empregaban para conservar os alimentos ou para facer máis variada unha dieta baseada maioritariamente en cereais e legumes. Tamén eran moi requiridas en cosmética (te, canela, pementa, noz moscada, cravo ou xenxibre)

Os mercadores, como Marco Polo, viaxaban pola Ruta da Seda, unha vía comercial que unía Constantinopla con China. Non obstante, en 1453 os turcos conquistaron Constantinopla, acabando co Imperio bizantino polo que a ruta da seda quedou interrompida e os mercadores europeos tiveron que buscar rutas alternativas.

Enciclopedia Íberoamericana: Ruta da Seda

EXPLORACIÓNS | OS INICIOS DOS IMPERIOS

No século XV perfeccionáronse os mapas e difundiuse o uso de instrumentos que facilitaron a navegación e permitiron as viaxes nocturnas e lonxe da terra. Entre estes aparellos destacan o compás e o astrolabio. Tamén melloraron os barcos que se fixeron máis grandes, lixeiros e rápidos. As CARABELAS*, de invención portuguesa, movíanse a vela polo que non precisaban remeiros e, como tiñan máis capacidade de carga, podían levar canóns o que as facía máis seguras.

Desde mediados do século XV, a monarquía portuguesa impulsou as viaxes de exploración para facilitar o comercio coa India. Por iso os portugueses conquistaron as illas de Madeira, Azores e enclaves da costa de África e Asia. 

En Castela, os Reis Católicos financiaron a Cristovo Colón que, co convencemento de que a Terra era esférica, decidiu cruzar o Atlántico e chegar ás Indias navegando cara o oeste. En 1513 Núñez de Balboa descubriu a existencia do Océano Pacífico e, a partir desde momento, buscouse un paso que unise o Atlántico co Pacífico. Fernando de Magallanes e Xoan Sebastián Elcano atoparon o paso ao sur do continente continuando a viaxe ata dar a volta ao mundo por primeira vez.

A rivalidade entre Castela e Portugal levou aos Reis Católicos a acudir ao papa para que decidira acerca dos dereitos sobre os novos territorios. Polo TRATADO DE TORDESILLAS* decidiuse trazar un meridiano. O territorio descuberto ao leste desa liña sería para Portugal (África e Asia xunto con Brasil) e ao oeste, para Castela (América). Os descubrimentos supuxeron a creación de dous grandes imperios, o hispánico e o portugués, así como o comezo da hexemonía europea sobre o resto do mundo.

Reparto de territorios entre Castela e Portugal segundo o Tratado de Tordesillas
Tratado de tordesillas (480p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Isabel (Serie TV): O Tratado de Tordesillas
Portolano (s. XV)
Compás (s. XV)
Astrolabio (s. XV)

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA OU NON?

Sabías que en América vivían diversas civilizacións antes da chegada dos europeos? As culturas precolombinas (aztecas e incas) desenvolvéronse en México e Perú.

Ademais, sabemos que no século X, os viquingos ademáis de facer expedicións cara as costas europeas tamén foron cara ao oeste. De feito, fundaron algúns asentamentos en Terra Nova (Canadá).

AS IDEAS DE COLÓN E OS SEUS ERROS

Colón estaba convencido de poder chegar a Asia cruzando o Atlántico baseándose nestas ideas:

Mapa de Toscanelli vs. realidad
Tierra esferica.mp4
El condensador de fluzo: La tierra es esférica

2. Que foron as monarquías autoritarias?

POLÍTICA | MONARQUÍAS AUTORITARIAS

A finais do século XIV a nobreza feudal, que durante a Idade Media fora máis poderosa incluso que os propios reis, perde importancia xa que as súas riquezas dependían das rendas que obtiñan dos campesiños que cultivaban as súas terras.

A debilidade da nobreza foi aproveitada polos reis que conseguiron impoñerse, xa no século XIV, establecendo alianzas coa burguesía. De feito, algunhas familias de comerciantes e banqueiros acumularon enormes fortunas que lles permitiron exercer unha grande influencia política.

Os reis conseguiron someter á nobreza e centralizar o poder nas súas mans prescindindo, en moitas ocasións, dos parlamentos para gobernar. Consolidouse así unha nova forma de exercer a política que se denomina MONARQUÍA AUTORITARIA*. Os monarcas autoritarios máis destacados foron a dos Reis Católicos en Castela e Aragón, Francisco I en Francia e Henrique VIII en Inglaterra.

Todos estes monarcas puxeron en marcha unhas medidas para asegurar a súa posición política:

POLÍTICA | REIS CATÓLICOS

O matrimonio de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón era só unha UNIÓN DINÁSTICA* xa que cada un deles gobernaba o seu territorio de xeito independente polo que as leis e institucións eran diferentes.

Para engrandecer o seu poder, os Reis Católicos conquistaron diferentes territorios:

UNIFICACIÓN RELIXIOSA

Os Reis Católicos gobernaban sobre territorios moi diferentes que tiñan leis, moedas, costumes e incluso relixións diferentes (lembremos que nos seus territorios convivían xudeus, musulmáns e cristiáns). Para solucionar este problema buscaron a unificación relixiosa baixo o cristianismo empregando como ferramenta a INQUISICIÓN*, un tribunal eclesiástico encargado de perseguir aos herexes, é dicir, a calquera que non fora bo cristián. Pola mesma razón, en 1492 decretaron a expulsión dos xudeus e, en 1502, a dos musulmáns que non se quixeran converter ao cristianismo. Moitos dos conversos sufriron a persecución posterior da Inquisición.

Torturas de la Inquisición.mp4
RTVE: É certo todo o que se conta sobre as torturas da Inquisición?

3. En que consistiu a Reforma Protestante?

RELIXIÓN | A REFORMA PROTESTANTE

Desde finais da Idade Media algunhas prácticas da Igrexa Católica provocaron un fondo malestar:

A REFORMA PROTESTANTE

O monxe alemán MARTÍN LUTERO* protestou coa publicación, en 1517, das 95 teses contra a doutrina católica, e foi apoiado polos nobres alemáns dando comezo á REFORMA PROTESTANTE*.

Lutero propuxo unha reforma de Igrexa que tiña os seguintes puntos principais:

Profesor Francisco - Escenas para uso didáctico sobre la reforma protestante.mp4
Profesor Francisco: Escenas para uso didáctico sobre la reforma protestante

A DIFUSIÓN DO PROTESTANTISMO

Seguindo o exemplo de Lutero, apareceron outros movementos reformadores como o CALVINISMO que calou en Suíza, Países Baixos, Francia e Escocia e o ANGLICANISMO que tivo difusión en Inglaterra onde o rei Henrique VIII provocou a ruptura con Roma cando o papa negouse a concederlle o divorcio de Catalina de Aragón para casarse con Ana Bolena. Así, o rei pasou a ser a máxima autoridade da Igrexa de Inglaterra.

Esta división relixiosa derivou nas GUERRAS DE RELIXIÓN, graves conflitos militares entre as diferencias potencias europeas que non cesarían ata mediados do século XVII.

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

Academia Play La Reforma protestante y Lutero.mp4
AcademiaPlay: La Reforma Protestante y Lutero

RELIXIÓN | A CONTRARREFORMA

A CONTRARREFORMA* foi un intento de reforma dentro da propia igrexa católica para deter o avance do protestantismo. Así, o CONCILIO DE TRENTO* celebrado entre 1545 e 1563 propuxo as seguintes medidas:

AcademiaPlay: A Contrarreforma

4. Como se formou o Imperio Hispánico?

IMPERIO HISPÁNICO | CARLOS I

En 1516, CARLOS I*, herdou dos Reis Católicos o trono das Coroas de Castela e Aragón coas súas posesións (América, Nápoles, Sardeña e Sicilia) e dos seus avós paternos, territorios no centro de Europa (Austria, Países Baixos, Luxemburgo e Franco Condado). Tamén recibiu a posibilidade de acceder ao título de emperador do Sacro Imperio ao morrer seu avó Maximiliano I.

PROBLEMAS INTERNOS

Carlos I fora educado en Flandres polo que era considerado un estranxeiro. Ademais, presionou ás cortes castelás para aumentar os impostos. Como consecuencia, estouparon a Revolta das Comunidades en Castela e as Xermanías na Coroa de Aragón. Ambas as revoltas fracasaron e o poder do rei saiu reforzado, especialmente en Castela.

PROBLEMAS EXTERNOS

O obxectivo de Carlos I foi afianzar a hexemonía e os seus territorios en Europa. Isto será a orixe de moitas guerras contra Francia e o Imperio Turco. Por outro lado, Carlos I tamén participou nas Guerras de Relixión xa que buscou defender o catolicismo fronte ao protestantismo que se estendera con rapidez polo Sacro Imperio.

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

cyltv.es: Juan Bravo y los comuneros

IMPERIO HISPÁNICO | FILIPE II

En 1556, tras a abdicación de Carlos I, FILIPE II* herdada os territorios do seu pai, coa excepción do Sacro Imperio. Ademáis, en 1580 engadiu o reino de Portugal e os seus dominios en África, Asia e América. Así, as posesións de Filipe II se converteron no territorio máis extenso da súa época gobernado por un só monarca. Se trataba dun extenso «imperio no que nunca se poñía o sol» aínda que, estritamente, Filipe II non tivera o título de emperador.

O rei gobernou dende Madrid, onde estableceu a capital, pois consideraba que a Península Ibérica era o centro da súa monarquía. Por esa razón, este territorio recibe o nome de Imperio Hispánico ou Monarquía Hispánica.

PROBLEMAS INTERNOS

Os principais problemas durante o seu reinado son os derivados da relixión xa que Filipe II foi o gran defensor do catolicismo fronte á Reforma protestante. Por esa razón, perseguiu de xeito implacable calquera forma relixiosa allea ao cristianismo e reforzou o papel da INQUISICIÓN*.

PROBLEMAS EXTERNOS

Durante o reinado de Filipe II a defensa da relixión católica supuxo graves conflitos en Europa. A Guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) contra Flandres e o fracaso da ARMADA INVENCIBLE* contra Inglaterra para tentar frenar os ataques dos piratas ingleses como Francis Drake serán conflitos que provocarán enormes dificultades económicas na Monarquía Hispánica.

Sofonisba Anguissola: Retrato de Filipe II