APUNTAMENTOS
ÍNDICE
Como é o relevo da Península Ibérica?
PENÍNSULA IBÉRICA | RELEVO CONTINENTAL
España está situada no extremo suroeste de Europa. Ocupa a maior parte da Península Ibérica, as Illas Baleares e as Illas Canarias, así como Ceuta e Melilla, no norte de África.
Península está dominada pola Meseta Central, unha chaira de elevada altitude (660 m), mentres que o resto do relevo organízase ao seu redor:
MONTAÑAS INTERIORES. O Sistema Central separa a Submeseta Norte e Submeseta Sur. Os Montes de Toledo separan o Texo do Guadiana.
MONTAÑAS NOS BORDOS. Ao noroeste están os Montes de León; ao norte, a Cordilleira Cantábrica; ao leste, o Sistema Ibérico; e ao sur, Serra Morena.
MONTAÑAS EXTERIORES. Son o Macizo Galaico, na comunidade galega; os Pireneos, fronteira natural con Francia; o Sistema Costeiro-Catalán, na costa noreste; e os Sistemas Béticos no sur, divididos entre a Cordilleira Subbética e a Cordilleira Penibética onde se atopa o pico máis alto da Península, o Mulhacén, de 3.479 m.
Ademáis de cordilleiras, no exterior da Meseta Central tamén atopamos depresións* como a Depresión do Ebro, entre o Sistema Ibérico e os Pireneos e a Depresión do Guadalquivir, entre Serra Morena e os Sistemas Béticos.
PENÍNSULA IBÉRICA | RELEVO INSULAR
ILLAS BALEARES. O relevo do Arquipélago Balear (Mallorca, Menorca, Eivisa, Formentera e Cabrera) é chan, salvo na Serra de Tramuntana.
ILLAS CANARIAS. O Arquipélago Canario (A Palma, Gomera, Hierro, Tenerife, Gran Canaria, Fuerteventura e Lanzarote) ten orixe volcánica polo que o relevo é accidentado, especialmente nas illas máis occidentais. O pico máis alto de España é o Teide (3.718 m), un volcán situado no centro da illa de Tenerife.
3. Responde ás seguintes preguntas:
Onde se atopan situados o Macizo Galaico e os Montes de León?
Cal é o pico máis alto do Sistema Bético? En que cordilleira se localiza?
Cita as principais illas que forman parte do Arquipélago Canario.
Que unidades de relevo separa o Sistema Ibérico? Cales son as unidades do relevo máis afastadas da Meseta?
Cal é o pico máis alto de España?
2. Imprime e completa o seguinte mapa do relevo de España coa axuda do vídeo.
Como son as augas e os climas da Península Ibérica?
CLIMA | TIPOS DE CLIMAS
O clima está influido por factores como a latitude, a altitude e a distancia ao mar, que introducen cambios nas temperaturas e nas precipitacións. Por iso, falamos de distintos climas:
En España predomina o clima mediterráneo, pero tamén se dan os climas oceánico, subtropical e de alta montaña:
CLIMA DE ALTA MONTAÑA. Dáse nos sistemas montañosos por riba dos 1000 metros de altitude. Caracterízase por baixas temperaturas e elevadas precipitacións en forma de neve.
CLIMA OCEÁNICO. Localízase no norte e noroeste peninsular dende Galicia aos Pireneos. As temperaturas son suaves e con pouco contraste mentres que as precipitacións son abundantes todo o ano. A vexetación é abundante, con predominio de bosque atlántico caducifolio.
CLIMA MEDITERRÁNEO. Caracterízase por unhas precipitacións escasas e irregulares con veráns moi secos e vexetación de bosque mediterráneo perennifolio. Ocupa o resto da Península e as Illas Baleares. Hai tres variantes:
O mediterráneo litoral dáse na costa e ten pouco contraste entre as temperaturas de verán e do inverno.
O mediterráneo continentalizado, propio do interior da Península, con temperaturas moi contrastadas entre o verán e o inverno.
O mediterráneo seco, no sueste peninsular, con gran unha aridez pola esxaseza das choivas.
CLIMA SUBTROPICAL. Aparece nas Illas Canarias e caracterízase por temperaturas suaves todo o ano e choivas escasas concentradas no inverno. A vexetación é moi particular con bosque de laurisilva e especies endémicas como o drago.
HIDROGRAFÍA | OS RÍOS
1. Lee os seguintes apartados do libro de texto:
As costas e os ríos de España (páx. 156)
* Busca as palabras descoñecidas e pregunta as dúbidas a través do foro ou do mail.
2. Mira os vídeos para entender mellor os contidos do texto.
3. Completa un cadro sobre as vertentes dos ríos que inclúa os seguintes aspectos:
Lonxitude e corrente
Caudal
Regularidade
Ríos principais
4. Imprime e completa o mapa dos ríos de España coa axuda do vídeo.
5. Imprime e completa o mapa do relevo costeiro de España coa axuda do vídeo.
MATERIAL COMPLEMENTARIO:
DÍA 3 | RELEVO DE GALICIA
![](https://www.google.com/images/icons/product/drive-32.png)
ENTREGA DE TAREFAS: Fai unha fotografía do teu caderno onde se lean claramente os teus exercicios e súbeos á Aula Virtual.
![](https://www.google.com/images/icons/product/drive-32.png)
1. Imprime o mapa do documento da esquerda e localiza os elementos do relevo que se propoñen:
Coordenadas xeográficas: norte, sur, este, oeste, Meridiano de Greenwich, Círculo Polar Ártico.
Cadeas montañosas: Montes Urais, Cordilleira do Cáucaso, Montes Escandinavos, Pirineos, Alpes, Cárpatos, Balcáns, Elbrús (5.642 m.), Mont Blanc (4.801 m), Mulhacén (3.479 m), Montes Grampianos, Montes Peninos, Montes Apeninos, Sistema Bético, Alpes Dináricos, Os Vosgos, Macizo Central Francés, Selva Negra.
Océanos e mares: Mar de Barents, Mar Blanco, Mar Báltico, Mar do Norte, Mar de Noruega, Mar Cantábrico, Mar Mediterráneo, Mar Tirreno, Mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo, Mar de Mármara, Mar Negro, Mar Azov, Océano Glacial Ártico, Océano Atlántico.
Ríos e lagos: Volga, Vístula, Elba, Rhin, Sena, Loira, Douro, Texo, Guadalquivir, Ebro, Ródano, Po, Danubio, Dniéster, Dniéper, Don, Támesis.
Illas: Islandia, Irlanda, Gran Bretaña, Illas Baleares, Córcega, Sardeña, Sicilia, Creta, Cícladas.
Penínsulas: Península de Kola, escandinava, de Xutlandia, Ibérica, Itálica, Balcánica, Crimea
Chairas: Gran chaira europea, chaira de Europa do leste, chaira húngara, chaira báltica, chaira atlántica.
Golfos: Golfo de Botnia, golfo de Biscaia, golfo de León, golfo de Xénova.
Cabos: Cabo Norte, Punta de San Mateo, Fisterra, San Vicente.
Estreitos: Canle da Mancha, Paso de Calais, Estreito de Xibraltar, Bósforo, Dardanelos, Canle do Norte.