APUNTAMENTOS

INTRODUCIÓN

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

LIÑA DO TEMPO

    1. Por que desapareceu o Imperio Romano?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

1.1. A FIN DO IMPERIO ROMANO

A partir do século III d.C. o Imperio romano entrou nunha grave crise política, económica e social que o levaría ata a súa desaparición no ano 476. Este período de tempo denomínase o BAIXO IMPERIO*.

A CRISE DO SÉCULO III*

A partir do século III apareceron no Imperio Romano unha serie de dificultades:

OS INTENTOS DE SOLUCIÓN

A finais do século III, algúns emperadores trataron de arranxar os problemas:

World History Encyclopedia: What caused the fall of the Western Roman Empire?
Museo del Prado: Retrato del emperador Constantino

QUE TIVO QUE VER O CRISTIANISMO?

No Baixo Imperio as antigas crenzas romanas parecían non servir mentres que os valores do cristianismo, que abogaban por renunciar aos bens materiais e a xenerosidade entre as persoas, fóronse espallando polo territorio. No ano 313, mediante o Edicto de Milán,  Constantino autorizou o culto cristián poñendo fin ás persecucións relixiosas. Teodosio a finais do século IV converteu o cristianismo na relixión oficial do Imperio Romano mediante o Edicto de Tesalónica.

EXERCICIOS

EduCaixa: Lecciones de crisis. La crisis imperial

1. Mira o vídeo e responde ás seguintes preguntas:

MATERIAL COMPLEMENTARIO (voluntario):

1. Elabora un eixo cronolóxico da Idade Media:

2. Como se organizaron os pobos xermanos?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

2.1. OS POBOS XERMANOS

Os pobos xermanos eran un conxunto de tribos que procedían das costas do Mar Báltico, do norte de Alemaña e do sur da Península Escandinava. Vivían nas fronteiras exteriores do Imperio e mantiñan relacións comerciais cos romanos. Estes chamábanlles bárbaros (estranxeiros) e pensaban que os seus costumes e a súa forma de vida eran inferiores ás romanas xa que non falaban latín e eran politeístas.

Os xermanos organizábanse baixo a autoridade dunha asemblea de guerreiros que elixía ao seu xefe. A súa sociedade era de carácter rural xa que a maior parte da poboación adicábase á gandería e á agricultura itinerante polo que se desprazaban de xeito continuo. 

A partir do século IV desprazáronse cara ó sur de Europa presionados polos hunos e atraídos polo esplendor de Roma, na busca de terras fértiles e dun clima mellor. A súa entrada no Imperio Romano foi regulada nun principio mediante pactos (foedus) que permitían aos xermanos establecerse dentro das fronteiras do Imperio Romano a cambio de defensa militar. 

Recreación dun poboado dunha tribo xermánica.

QUEN SON OS HUNOS?

Xogo de tronos (Serie de TV): O pobo dothraki está inspirado nos hunos.
Escena da película Mulán de Disney (1998) na que aparecen representados os hunos.

2.2. OS REINOS XERMANOS

A partir do século V, tras a caída de Roma, apareceron diferentes reinos no lugar do Imperio Romano de Occidente: o reino suevo, franco, o visigodo, o anglo e o saxón, etc.

ORGANIZACIÓN SOCIAL E POLÍTICA

Tras a súa chegada, os xermanos eran unha minoría da poboación que gobernaban por dereito de conquista pero a maior parte das terras quedou baixo a propiedade dos antigos nobres romanos. Nos reinos xermanos o poder político correspondíalle ao rei que, ao principio era elixido polos nobres, pero pouco a pouco organizouse unha MONARQUÍA HEREDITARIA*. Os reis contaban cun consello de nobres que os asesoraba nos temas de goberno e que os axudaba a impartir xustiza.

Ao principio, tanto os romanos coma os xermanos mantiveron as súas propias leis, costumes e relixión pero aos poucos ambos os grupos fóronse mesturando e os xermanos adoptaron as institucións, as leis romanas o latín como lingua e incluso a relixión cristiá. De feito, os aportes das linguas xermánicas ao latín en cada territorio deu lugar á aparición das linguas romances (italiano, español, francés). Nas zonas menos romanizadas o legado xermano tivo máis influencia e hoxe atopamos a súa herdanza nas linguas xermánicas como o alemán ou o inglés.

A igrexa cristiá aumentou o seu poder xa que os membros máis importantes, os bispos, tiñan gran influencia nas cidades. Ademais, nesta época creáronse os MOSTEIROS*, edificios no rural onde un grupo de monxes vivía segundo unhas normas (regra). Os mosteiros eran centros culturais xa que podían ter escola e biblioteca e controlaban amplos territorios que recibían como doazóns.

Vicens Vives: Os reinos xermánicos no século V

1. Define, de forma completa, as seguintes palabras: 

3. Que foi o Reino Suevo da Gallaecia?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

3.1. A ORGANIZACIÓN DOS SUEVOS

Os suevos atravesaron o limes a principios do século V de xeito pactado cos romanos que lles permitiron establecerse no territorio da Gallaecia. A debilidade do Imperio facilitou a creación dun reino independente con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga).

O Reino Suevo durou ata finais do século VI cando entrou en conflito cos visigodos que invadiron o noroeste peninsular controlando, así, a totalidade da Península Ibérica.

SISTEMA POLÍTICO

A forma de goberno dos suevos era unha MONARQUÍA HEREDITARIA*. Non obstante, a posición dos reis era bastante inestable xa que os nobres tiñan gran poder gracias á posesión de amplos territorios. Por esa razón, os reis empregaban os consellos como órgano de goberno e como forma de control dos nobres. 

SOCIEDADE

O asentamento dos suevos foi bastante pacífico, procurando unha fusión coa sociedade galaico-romana. Se ben as cidades perderon poboación e quedaron como centros administrativos e de goberno, a actividade económica desprazouse ao rural. A maior parte da poboación vivía no campo e dedicábase á agricultura aínda que a artesanía dos suevos destacaba na elaboración de armas e na ourivería.

Vicens Vives: O dominio suevo

3.2. RELIXIÓN E CONTROL CULTURAL

No rural o grao de cristianización non era grande, e sábese que mantiveron durante moito tempo ritos e devocións pagáns. De feito, na Gallaecia foron moi numerosos os seguidores do priscilianismo, unha corrente relixiosa defendida polo bispo Prisciliano que tiña unha visión do catolicismo considerada una herexía pola Igrexa Católica. Por esa razón, no Concilio de Braga, celebrado a mediados do século VI, acordouse crear centros de estudo (igrexas e mosteiros) para facilitar a cristianización da poboación especialmente nas zonas rurais. 

A igrexa empezou a ter gran influencia, especialmente tras a conversión do rei Teodomiro ao catolicismo que, a partir dese momento, convértese en relixión oficial do reino suevo. Esta asociación entre igrexa e política tamén se aprecia na división do territorio en conventus e parroquias (Parrochiale Suevum) ao cargo de relixiosos para facilitar a administración e o control da poboación. De feito, as reunións dos bispos, chamadas CONCILIOS*, tamén pasan a ser asembleas que asesoran ao monarca.

Así, a mediados do século VI produciuse un período de asombroso esplendor cultural gracias a Martiño Dumiense, bispo de Braga, que creou desenvolveu unha gran actividade doutrinal, loitando contra as crenzas pagás e impulsando a construción de mosteiros entre os que destaca San Pedro de Rocas en Ourense.

RTVG: Historias de Galicia. Cousas do demo

1. Mira o vídeo e responde ás seguintes preguntas: 

As invasións xermánicas. Chegan os estranxeiros.
Arquivo distrital de Braga: Copia do Parroquial Suevo no Liber Fidei, Doc. n.º 551 (séc. XIII).
San Pedro de Rocas: ábsida maior da igrexa rupestre.
Desde Galicia para el Mundo: El monasterio de San Pedro de Rocas

MATERIAL COMPLEMENTARIO (voluntario):

RTVG: O reino suevo de Galicia
Los Suevos
¿Qué sabemos de los suevos?

4. Que importancia tiveron os visigodos?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

4.1. A FORMACIÓN DO REINO

Baixo a presión dos hunos, os visigodos entraron no Imperio Romano e estableceron un pacto co emperador romano para que expulsasen a os suevos, os vándalos e os alanos que se instalaran en Hispania. A cambio, os visigodos recibiron terras no sueste da Galia, onde crearon un reino, con capital en Tolosa.

A principios do século VI, foron expulsados da Galia polos francos e establecéronse na península ibérica fixando a súa capital en Toledo

A MONARQUÍA VISIGODA

 Os visigodos tiñan unha monarquía electiva, o que explica as numerosas loitas que se producían polo poder. O rei contaba coa axuda do consello, chamado AULA REXIA*, no que participaban os duques e os condes. Ademais, moitas das decisións relixiosas e políticas tomábanse tamén nos CONCILIOS*, nos que participaban o rei, os nobres e mais o clero. 

Entre os reis visigodos, destacaron: 

Profesorunrat: Los Visigodos en la Península Ibérica
Vicens Vives: Os visigodos no século V.
Vicens Vives: Os visigodos no século VI.
UNED: Cual es la obra jurídica visigoda más importante en la Historia de España?
Biblioteca Nacional de España: Liber Iudiciorum o Fuero Juzgo (copia do século X)

4.2. ORGANIZACIÓN SOCIAL e ECONOMÍA

Os visigodos eran unha minoría, fronte aos cinco ou seis millóns de hispanorromanos que vivían na Península Ibérica. De aí que aceptasen a lingua, a cultura e a relixión da sociedade hispanorromana. 

Os nobres e os clérigos ocupaban os cargos políticos e eran propietarios da maioría das terras. A maior parte da poboación eran campesiños e tamén había escravos, persoas que eran propiedade dos nobres ou da igrexa. A actividade económica máis importante era a agricultura xa que, de feito, continuou o proceso de RURALIZACIÓN* polo que as cidades fóronse despoboando e o comercio, desaparecendo.

Na segunda metade do século VII producíronse duros enfrontamentos entre o rei e os nobres, o que facilitou a conquista musulmá do reino visigodo no ano 711.

ETNIAS: Vestimenta do pobo visigodo

MATERIAL COMPLEMENTARIO (voluntario):

Pero eso es otra historia: El reino visigodo
Arqueomanía - Visigodos.mp4
Arqueomanía: Los visigodos

5. Como sobreiviu o Imperio Bizantino?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

A zona oriental do Imperio Romano resistiu as invasións xermanas e sobreviviu durante outros mil anos co nome de IMPERIO BIZANTINO*. A súa capital estableceuse en Constantinopla, unha cidade fundada polos gregos e coñecida como Bizancio que, na actualidade, chámase Istambul (Turquía).

O Imperio Bizantino alcanzou o seu maior esplendor  na primeira metade do século VI, en tempos do emperador Xustiniano. O seu obxectivo foi tratar de volver a unificar o antigo Imperio Romano (Renovatio Imperii) e para iso dedicouse a conquistar territorios cara occidente.

ANAYA: O Imperio Bizantino en época de Xustiniano

5.1. ESTRUTURA SOCIOPOLÍTICA

O Imperio bizantino conservou a organización política do Imperio Romano:

SOCIEDADE URBANA

A sociedade bizantina tiña unha estrutura piramidal: 

A diferenza do que ocorreu no Imperio de Occidente, as cidades non perderon importancia e seguiron funcionando como sedes dos bispados, do goberno e do exército. Ademais, eran o centro das actividades económicas, pois concentraban o comercio e os obradoiros de artesáns. A producción artesanal especializouse en produtos de seda, esmaltes e tapices de gran calidade mentres que o comercio importaba produtos exóticos e especias de Asia e os introducía en Europa. A situación xeográfica e o desenvolvemento comercial converteu a Constantinopla no porto máis importante do Mar Mediterráneo. 

Reconstución da cidade de Constantinopla no século VI
Recreación dun emperador bizantino
ASSASSIN'S CREED: Recreación do porto de Constantinopla
Porto de Constantinopla na Idade Media
Comercio de artesanía
Comercio de especias
Patriarca de Constantinopla

A IMPORTANCIA DA IGREXA

O Imperio Bizantino mantivo ao principio as formas de vida romanas, pero, tras o reinado de Xustiniano, foi incorporando elementos gregos. Dese modo, o grego substituíu ao latín e a igrexa bizantina foise afastando da igrexa de Roma. No século XI, as diferencias eran tan grandes que  se produciu a ruptura definitiva no chamado CISMA DE ORIENTE*. Así, a igrexa católica occidental recoñecía a autoridade do papa e a igrexa ortodoxa ou bizantina recoñecía a autoridade do patriarca de Constantinopla. 

5.2. O DECLIVE DE BIZANCIO

Os territorios que foran conquistados polo emperador Xustiniano non se conservaron durante moito tempo. Paulatinamente, ao longo de moitos séculos, o territorio bizantino foi conquistado por outros pobos. 

A principios do século XV, o Imperio quedou reducido ao territorio da capital, Constantinopla. En 1453, tras un longo asedio, os turcos conquistaron a cidade e o Imperio bizantino desapareceu.

Recreación do asalto ás murallas de Constantinopla

MATERIAL COMPLEMENTARIO (voluntario):

ACADEMIA PLAY: A caída de Constantinopla
Exploradores de la historia: O Imperio Bizantino

TRABALLO CON MAPAS

1. Sinala no mapa os seguintes elementos seguindo as indicacións

Debuxa, en NEGRO, as fronteiras dos seguintes territorios e ponlles o nome:

Sitúan en VERMELLO os seguintes elementos e ponlles o nome:

Debuxa, en AZUL, os ríos prestando atención á súa desembocadura, ponlles o nome e sitúa os mares e océanos:

Localiza cun punto VERDE cada unha destas cidades e pon o seu nome ao lado: