DICIONARIO CCS2

UD1: O inicio da Idade Media

LISTA DE VOCABULARIO

CRISE DO SÉCULO III

Período de dificultades políticas, económicas e sociais que se produciu nos territorios do Imperio Romano durante a etapa coñecida como o Baixo Imperio (entre o século III e V). Como consecuencia dun cambio climático e do final das conquistas, produciuse o descenso da produción agraria e a suba dos prezos debido  á falta de man de obra. Ademais a inestabilidade política  e a inseguridade producida polos ataques dos pobos bárbaros  deu lugar á redución do comercio e a un proceso de ruralización que afectou a todo o conxunto da sociedade romana.


Anatomía dun guerreiro suevo.

POBOS XERMANOS

UD2: Islam e Al-Andalus

UD3: O feudalismo

AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA

Sistema de produción agrícola que se elabora con técnicas e ferramentas tradicionais polo que esixe numerosa man de obra e coa que se obtén unha produción escasa e baixos rendementos. Os principais cultivos adoitaban ser de secaño (cereais) en rotación con barbeito. A produción, sen apenas excedentes, destinábase ao autoconsumo para garantir a autosuficiencia alimentaria dos campesiños e as súas familias. Este tipo de agricultura practícase nas rexións subdesenvolvidas do mundo polo que, no Antigo Réxime (séculos XVII e XVIII), dábase en practicamente toda Europa.


UD4: A reaparición das cidades e a Baixa Idade Media

LISTA DE VOCABULARIO

Los pilares de la tierra (serie, 2010): Escena de mercado 

BURGUESÍA

Grupo social que se desenvolveu nas cidades europeas a partir do século XII e durante toda a Idade Media formado por artesáns e comerciantes que vivían nas cidades (burgos). A base da súa riqueza estaba no diñeiro que obtiñan pola venda dos seus produtos e polos beneficios que xeraban os seus negocios e, por iso, dividíase en alta burguesía, formada por grandes comerciantes e banqueiros, e pequena burguesía, que incluía aos mestres artesáns e os pequenos comerciantes.


Ilustración que representa o traballo no obradoiro dun titureiro. 

GREMIO

Asociación económica que aparece nas cidades europeas a partir do século XII e durante toda a Baixa Idade Media e está formada polos artesáns dun mesmo oficio agrupados en mestres, oficiais e aprendices. Para evitar a competencia, os gremios controlan a produción como un monopolio xa que fixan os prezos, distribuían as materias primas, aseguraban a calidade dos produtos, asistían aos artesáns e ás súas familias mediante unhas cotas e controlaban a formación e a carreira profesional dos artesáns.


UD5: Arte Musulmá, Románico e Gótico.

UD6: 

UD7:  

UD8:  

UD9:  

UD10: 

UD11: 

UD12: