PUBLICIDADE DIXITAL
En Nutriescolas crecemos xuntos, e queremos que formedes parte de cada paso. No noso ecosistema dixital poderás descubrir todo o que acontece no centro:
Instagram: O lado máis visual. Fotos e vídeos do noso alumnado en acción.
YouTube: Proxectos en profundidade e os traballos máis creativos do curso.
Facebook: Avisos de última hora, eventos e comunicación coa nosa comunidade.
Web oficial: Toda a información académica e recursos nun só lugar.
Fai clic nas nosas ligazóns e non perdas nada do talento dos nosos mozos e mozas!
IG 5.- Dálle vida ao teu corpo
IG 6.- Healthy is the new cool!
IG 9 .- Evita bebidas azucradas
IG 11.- Reduce o uso de pantallas
IG 13.- Practica un momento de relaxación
IG 14.- 2ª Quenda do plan FOGGA
IG 15.- Snacks saudables no Carlos Oroza
IG 17.- Memoria de Nutrimentes: Alimentando o Futuro desde a Escola
YT 8.- Galicia in Motion
YT 10.- Vitalidade Galega
PUBLICIDADE FÍSICA
O proxecto “Nutrimentes: Alimentando o futuro desde a escola”, desenvolvido no I.E.S. Frei Martín Sarmiento durante o curso 2025–26 e integrado no Plan Proxecta+, nace coa vontade de ir máis alá das aulas e implicar a toda a comunidade educativa na promoción de hábitos de vida saudables.
A estratexia de diseminación e publicidade terá como obxectivo dar visibilidade ás accións realizadas, compartir os resultados acadados e fomentar a participación activa do alumnado, do profesorado e das familias.
Para iso levaranse a cabo as seguintes actuacións:
Difusión na páxina web do centro, cun espazo específico do proxecto onde se publicarán novas, actividades, materiais elaborados polo alumnado e recursos de interese.
Publicación periódica en redes sociais institucionais, dando conta dos avances, campañas e eventos destacados.
Cartelería e paneis informativos no centro educativo, co fin de sensibilizar e manter informada á comunidade escolar.
Notas informativas ás familias, a través das canles oficiais do centro.
Organización da Feira Saudable na última semana do curso, como evento central de visibilización, aberto á comunidade educativa e con intención de continuidade en cursos posteriores.
Elaboración e difusión de materiais divulgativos (infografías, vídeos, presentacións, podcasts ou exposicións) creados polo alumnado desde as distintas materias implicadas.
A través destas accións preténdese non só dar a coñecer o traballo desenvolvido polos departamentos de Debuxo, Lingua Galega e Literatura, Educación Física, Lingua Francesa e Lingua Inglesa, senón tamén consolidar unha cultura de centro baseada na alimentación equilibrada, no exercicio físico e no benestar emocional.
Deste xeito, “Nutrimentes” convértese nun proxecto compartido, visible e sostible no tempo, que contribúe a formar alumnado crítico, informado e comprometido cun estilo de vida saudable
Como parte das accións de difusión do proxecto Nutrimentes: Alimentando o futuro desde a escola, deseñáronse e elaboráronse carteis divulgativos orixinais creados especificamente para o proxecto, co obxectivo de informar e sensibilizar á comunidade educativa.
Os carteis presentan de forma clara os aspectos principais do proxecto, incluíndo que é, quen participa, como se desenvolve e para que se leva a cabo, así como o programa de actividades, entre as que destacan obradoiros, actividades físicas, charlas, concursos e a I Feira Saudable.
O deseño incorpora iconas co nome de todo o alumnado, profesorado e membros do equipo directivo participantes, visibilizando así o esforzo colectivo no proxecto ‘Nutrimentes.’
Os carteis foron expostos en espazos visibles do centro, contribuíndo á difusión do proxecto, aumentando a súa visibilidade e fomentando a participación da comunidade educativa.
No marco das accións de difusión do proxecto Nutrimentes, elaborouse o cartel divulgativo Activa o teu mellor eu, creado especificamente para promover hábitos de vida saudables entre a comunidade educativa.
Este cartel presenta, de forma visual e atractiva, recomendacións clave para o benestar integral, como manter unha alimentación equilibrada, realizar actividade física regularmente, priorizar o descanso, xestionar o estrés e fomentar as relacións sociais positivas. A través de elementos visuais creativos e mensaxes claras, transmítese a importancia de coidar tanto a saúde física como a mental.