CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES
FEBREIRO
Semanas 1-2
"A Cociña Saudable en Acción"
Obradoiro Práctico I: Realización dalgunha receita sinxela e saudable do Repositorio (p. ex., smoothies, snacks enerxéticos).
Gravación do proceso (vídeos curtos) ou documentación fotográfica para a difusión.
Análise Sensorial: Cata e avaliación dos produtos elaborados.
O SABOR DOS NOSOS
O alumnado participou na elaboración de diferentes receitas tradicionais galegas incluídas no repositorio, achegándose de forma práctica ao noso patrimonio gastronómico e coñecendo os seus ingredientes e técnicas de preparación. Esta actividade permitiu combinar a aprendizaxe coa posta en valor da cultura propia.
Posteriormente, os estudantes realizaron unha análise gastronómica dos pratos elaborados, valorando aspectos como o sabor, a presentación, a textura e o valor nutricional. A través desta experiencia fomentouse o traballo en equipo, o pensamento crítico e o respecto pola tradición, converténdose nunha actividade educativa enriquecedora e significativa.
FAIR OCTOPUS
(Pulpo á feira)
PUMPKING CHULAS
(Chulitas de cabaza)
PANCAKES
(Filloas)
GALICIAN CAKE
(Queique)
No marco do proxecto Nutriescolas, o alumnado participou nunha actividade de análise sensorial de alimentos tradicionais galegos co obxectivo de coñecer mellor as características dos pratos da nosa gastronomía e desenvolver a capacidade de observar, describir e valorar os alimentos.
Durante a actividade realizouse unha enquisa sensorial centrada en catro receitas representativas da cociña galega: filloas, polbo á feira, tarta de Santiago e chuliñas de cabaza. A través dun cuestionario estruturado, o alumnado analizou diferentes aspectos de cada prato, empregando os sentidos e a observación.
En primeiro lugar, realizaron unha análise visual, describindo a cor, o aspecto e a forma dos alimentos, así como a impresión que lles producía o seu aspecto xeral. A continuación, reflexionaron sobre a textura, identificando se parecía branda, crocante, cremosa ou esponxosa, entre outras características.
Tamén analizaron os ingredientes principais de cada receita para deducir o tipo de sabor predominante (doce, salgado ou neutro). Posteriormente valoraron o cheiro e o sabor que agardaban atopar, explicando as razóns das súas expectativas.
Finalmente, cada estudante indicou se lle gustaría probar o prato, realizou unha valoración global do 1 ao 5 e engadiu comentarios persoais sobre o alimento analizado.
Esta actividade permitiu ao alumnado achegarse á gastronomía tradicional galega dun xeito participativo e reflexivo, ao tempo que desenvolveu habilidades de análise sensorial e fomentou a curiosidade polos alimentos e polas receitas propias da nosa cultura culinaria.
Dentro das actividades de promoción de hábitos de vida saudables, o alumnado participou nun almorzo saudable coordinado pola docente Irene Santiago. Tras analizar os seus hábitos alimentarios e coñecer os principios do Prato de Harvard, o grupo levou á práctica os coñecementos adquiridos mediante a preparación e degustación dun almorzo equilibrado na aula.
Entre todos achegaron diferentes alimentos saudables, como froitas, iogur natural, froitos secos, tomate, aceite de oliva e pan integral, favorecendo a reflexión sobre a importancia de escoller produtos nutritivos para comezar o día con enerxía. A actividade tamén serviu para descubrir novos sabores, compartir experiencias e fomentar unha actitude positiva cara a unha alimentación variada e equilibrada.
Esta experiencia resultou moi enriquecedora, xa que combinou aprendizaxe, convivencia e educación para a saúde nun contexto práctico e motivador.
Durante este trimestre continuamos traballando contidos relacionados coa alimentación saudable. O alumnado realizou unha ficha para identificar e distinguir os diferentes grupos de nutrientes, actividade na que tiveron que colorear e clasificar os alimentos.
Posteriormente fixemos unha ruleta con termos relacionados cos contidos que levamos visto ata o momento: nutrición, alimentación, tipos de alimentos e hábitos saudables, o que lles permitiu repasar e reforzar o aprendido dun xeito máis dinámico.
Para rematar o trimestre, coincidindo coa celebración do Entroido, compartíronse en Edixgal as receitas das orellas e das filloas.Ademais, na aula fixemos unha pequena degustación destas sobremesas tradicionais, que o alumnado puido probar e desfrutar xuntos.
Semanas 3-4
"Ximnasia para a Mente e o Corpo"
Propostas de Actividade Física: Os grupos deseñan rutinas de exercicio curtas (pausas activas, estiramentos) ou xogos cooperativos para o recreo, adaptadas a espazos reducidos.
Sesión Piloto: Selección e posta en práctica dunha das rutinas/xogos nun grupo reducido de alumnado/profesorado.
ALUMNADO DA ESO INNOVA NA AULA CUNHA RUTINA DE BENESTAR E MOVEMENTO
Este curso, o alumnado de 2º de ESO, guiados pola súa profesora, Sonia, converteuse no protagonista da súa propia saúde. Elaboráronse un conxunto de tarxetas visuais que serviron de guía para unha serie de micro-rutinas de alta intensidade pero baixo impacto, específicas para activarse entre as distintas sesións lectivas sen necesidade de moito espazo.
Esta iniciativa non quedou só na teoría. As tarxetas imprimíronse e colgáronse nas paredes de cada aula, converténdose nun recordatorio constante e guía didáctica para a práctica de exercicios como a "Marcha Silenciosa", "X de Estrela" e "Equilibrio Galego". E o máis importante: estas rutinas fixéronse na propia aula, transformando o espazo de estudo nun espazo de movemento e colaboración.
A implicación de todo o alumnado e profesorado neste proxecto foi exemplar, demostrando que con creatividade e vontade, a aula pode ser un lugar vibrante e saudable, onde o corpo e a mente crecen xuntos.
MARZO
Semanas 1-2
"Diagnóstico Comunitario Activo"
Observación Activa: Realización dun estudo (p. ex., mediante observación discreta ou pequenas entrevistas) sobre as opcións saudables/non saudables dispoñibles na contorna do centro (cantina, máquinas de vending).
Proposta de Mellora: Elaboración dun documento (informe ou presentación) con propostas concretas para o centro ou a asociación de nais e pais (ANPA) para mellorar a oferta.
Charla de Teresa Portela
OPCIÓNS SAUDABLES
No marco do programa Nutriescolas, o alumnado participou nunha actividade de investigación e reflexión sobre os hábitos alimentarios na contorna do centro. A través dunha observación activa, realizouse unha pequena análise das opcións de alimentos e bebidas dispoñibles en espazos como a cantina ou as máquinas de vending, identificando alternativas máis saudables e outras menos recomendables.
A partir desta análise, o alumnado elaborou unha proposta de mellora, recollida nun pequeno informe ou presentación, na que se inclúen ideas e recomendacións para promover unha oferta alimentaria máis equilibrada. Este documento foi pensado para compartirse co centro e coa ANPA, co obxectivo de seguir avanzando cara a un entorno escolar que favoreza hábitos de vida máis saudables.
A análise realizada a partir dun cuestionario a 60 estudantes permite comprender mellor os hábitos alimentarios durante o recreo e a percepción das opcións dispoñibles na cantina escolar.
En primeiro lugar, obsérvase que unha parte importante do alumnado recorre á cantina para merendar, xa sexa de forma habitual ou combinándoa con alimentos traídos da casa. Non obstante, tamén destaca un grupo significativo que non consome nada durante o recreo, o que pode indicar a existencia de hábitos pouco saudables ou unha falta de planificación alimentaria.
O principal motivo polo que o alumnado compra na cantina é a fame, moi por enriba doutras razóns como o gusto polos produtos ou a influencia social. Este dato resulta especialmente relevante, xa que indica que o momento do recreo é unha oportunidade clave para fomentar opcións saudables que respondan a esa necesidade inmediata.
En relación co gasto semanal, a maioría dos estudantes destina menos de 2 euros, o que pon de manifesto que o prezo é un factor determinante nas eleccións alimentarias. Neste sentido, moitos perciben que os produtos saudables son máis caros ou, polo menos, non máis económicos que outras alternativas menos recomendables, o que pode dificultar a súa elección.
Outro aspecto importante é a visibilidade. A maioría do alumnado considera que os produtos saudables son menos visibles que os snacks ou incluso que apenas se atopan na cantina. Isto suxire que non só é necesario ofrecer opcións saudables, senón tamén darlles maior protagonismo a través dunha mellor colocación e presentación.
Ademais, a promoción de hábitos saudables dentro do centro educativo é percibida como insuficiente. Moitos estudantes indican que raramente ven campañas ou mensaxes que fomenten unha alimentación equilibrada, o que evidencia a necesidade de reforzar este tipo de iniciativas.
A pesar destas limitacións, os resultados amosan un dato moi positivo: a maioría do alumnado valora a importancia dunha alimentación saudable e estaría disposto a consumir opcións máis equilibradas, especialmente se se ofrecen a un prezo accesible, como podería ser o caso dun “pack saudable”.
En conclusión, existe unha clara oportunidade para mellorar a alimentación na contorna escolar mediante medidas sinxelas como a redución de prezos en produtos saudables, o aumento da súa visibilidade e a posta en marcha de campañas de concienciación. Pequenos cambios poden ter un grande impacto nos hábitos do alumnado e contribuír a unha vida máis saudable.
A piragüista olímpica Teresa Portela visitou recentemente o noso centro para compartir co alumnado unha charla motivadora sobre os valores do deporte. Durante o encontro, a deportista falou da súa experiencia ao longo da súa carreira e destacou a importancia da disciplina, o esforzo, a resiliencia e o traballo en equipo, valores fundamentais tanto no ámbito deportivo como na vida diaria e académica.
O alumnado puido coñecer de primeira man a traxectoria dunha das deportistas galegas máis destacadas, primeira muller española en participar en sete Xogos Olímpicos, e inspirarse coa súa historia de superación. A súa visita foi unha oportunidade moi especial para reflexionar sobre a importancia de levar un estilo de vida activo e saudable, así como sobre o papel do deporte no desenvolvemento persoal da mocidade.
Ademais, a charla permitiu establecer un diálogo próximo entre a deportista e o alumnado, que tivo a oportunidade de formular preguntas e compartir inquedanzas. Teresa Portela respondeu con cercanía e sinceridade, ofrecendo consellos prácticos sobre como afrontar retos, manter a motivación e compaxinar estudos e deporte. Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que deixou unha fonda pegada na comunidade educativa e que serviu como impulso para seguir fomentando hábitos saudables e actitudes positivas no día a día.
Semanas 3-4
"Fundamentos da Feira Saudable"
Brainstorming e Organización: Definición do nome e lema final da Feira.
Asignación de tarefas iniciais (decoración, loxística, comunicación) aos grupos de traballo.
Deseño do Espazo: Creación de esbozos e planos para a distribución dos postos da Feira (receitas, actividade física, información, xogos).
A Feira Saudable é unha iniciativa educativa que busca promover hábitos de vida saudables dun xeito dinámico, participativo e divertido. Baixo o lema “Alimenta o teu corpo, activa a túa mente”, o proxecto combina aprendizaxe, actividade física e traballo en equipo.
Para garantir unha boa organización, o evento estrutúrase en diferentes áreas de traballo. Por unha banda, o equipo de decoración encárgase de crear un ambiente atractivo e motivador; o grupo de comunicación difunde a información e anima á participación; e o equipo de loxística coordina os materiais, os tempos e o funcionamento xeral da feira.
O espazo da feira está distribuído en varios postos ou stands, cada un cunha proposta diferente. Entre eles, pódense atopar actividades como xogos de linguas, cuestionarios sobre saúde e nutrición, a elaboración da pirámide alimentaria, retos físicos no ximnasio e un espazo creativo de cómics. Esta diversidade permite que o alumnado aprenda de forma activa e en distintas linguas.
A feira desenvolverase durante dous días, na última semana do curso escolar. O alumnado participará en grupos organizados que irán pasando polos distintos postos, garantindo así unha experiencia completa e equilibrada.
Este proxecto é, en definitiva, unha oportunidade para aprender, compartir e gozar, convertendo a saúde nunha auténtica festa para toda a comunidade educativa.
Co obxectivo de facilitar a participación do alumnado e garantir un desenvolvemento fluído das actividades, a Feira Saudable organizouse en dúas grandes zonas diferenciadas. Esta distribución permitiu combinar propostas de carácter académico e lingüístico con retos físicos e cooperativos, favorecendo unha experiencia dinámica e equilibrada.
A Zona 1, dedicada ás actividades académicas, distribuíuse por diferentes espazos do centro como a biblioteca, a entrada, a pantalla principal e o corredor de mecanizado. Nesta área situáronse os postos de Etiquetado de Alimentos, Cuestionario Saudable, Bandas Deseñadas e Xogo de Dobres, actividades vinculadas á educación para a saúde e ao traballo das linguas galega, inglesa e francesa.
Pola súa parte, a Zona 2 concentrou as actividades físicas no pavillón deportivo. Neste espazo desenvolvéronse probas de habilidade e coordinación como o Water Bottle Flip, o Transporte de Globos, as Torres de Vasos de Papel e o Transporte de Pelotas de Escuma, promovendo a actividade física, o traballo en equipo e a diversión.
ABRIL
Semanas 1-2
"O Xesto Saudable"
Cada día (ou cada 2-3 días), proponse á comunidade escolar un xesto saudable pequeno e alcanzable
Colocar un cartel semanal co "Xesto Saudable da Semana" na entrada e nas aulas.
Anuncios en redes sociais ou titorías.
O XESTO SAUDABLE
O programa “O Xesto Saudable do Día” ten como obxectivo fomentar pequenos hábitos de vida saudable no día a día da comunidade escolar, a través de accións sinxelas, alcanzables e fáciles de integrar na rutina.
Cada día ou cada 2-3 días proponse un xesto saudable diferente, como beber un vaso de auga ao chegar ao centro, comer unha peza de froita no recreo, subir as escaleiras en lugar de usar o ascensor, realizar pequenos estiramentos durante uns minutos, durmir o tempo recomendado ou evitar o consumo de bebidas azucradas durante unha xornada.
A actividade desenvolverase mediante a difusión dun cartel cada 3 días cun “Xesto Saudable”que será anunciado nas redes sociais e a través das titorías, co fin de chegar a toda a comunidade educativa.
Estira o corpo durante 2 minutos entre clases!
Durme polo menos 8 horas cada noite. Sentiraste mellor!
Evita bebidas azucradas durante 3 días!
19-21 DE ABRIL
Evita bebidas azucradas durante 3 días!
22-24 DE ABRIL
Reduce o tempo de pantallas antes de durmir!
25-27 DE ABRIL
Almorza de forma saudable!
28-30 DE ABRIL
Practica a relaxación e a respiración consciente (2-3 minutos)
Semanas 3-4
"Comunicando Saúde: A Campaña"
Elaboración de Material de Difusión II: Produción dos carteis e banners definitivos para a Feira.
Elaboración de actividades para a feira (bandas deseñadas, quiz, pirámide, xogo de dobres...)
Creación do press kit básico (descrición, obxectivos) para medios/familias.
Práctica de Exposición: Os grupos ensaian as súas presentacións ou explicacións de postos para a Feira.
MATERIAL DE DIFUSIÓN II
O alumnado de 1º de Bacharelato participou activamente na creación de material de difusión para a I Feira Saudable, que se celebrará no mes de xuño. Encargáronse da elaboración dos carteis e banners definitivos, empregando mensaxes claras e creativas para promover hábitos de vida saudables. Este traballo permitiulles desenvolver competencias comunicativas, en inglés e galego, e dixitais, ao tempo que contribuíron á organización e visibilidade do evento.
A cartelería en Francés estivo moi presente nos corredores da ESO.
O alumnado de 4º da ESO elaborou os banners para a feira. Fixeron decoracións con goma eva e paneis de cartón cedidos pola docente Irene Santiago. Todos arrimaron o ombreiro. O traballo en equipo foi espectacular.
O alumnado e o profesorado colaboraron de maneira activa na elaboración e deseño das diferentes actividades destinadas á feira. Os departamentos de Lingua Galega, Francés e Inglés prepararon unha pirámide e un conxunto de etiquetas para desenvolver un xogo de asociación e velocidade. Ademais, as profesoras Yolanda, Irene e Sonia coordinaron coas súas clases a creación dun xogo de dobres que se empregou como unha das probas que deberán superar os participantes.
Pola súa parte, o alumnado de 4º da ESO elaborou unha serie de bandas deseñadas que posteriormente foron impresas e incorporadas como actividade de comprensión lectora. Do mesmo xeito, o alumnado de Francés, baixo a coordinación da profesora Sonia, creou as súas propias bandas deseñadas en colaboración coa materia de debuxo, que se integrarían xunto coas de Inglés na proba de lectura, favorecendo así a participación das distintas linguas presentes no proxecto.
Ademais, o profesorado elaborou un recurso interactivo en Genially consistente nun cuestionario sobre saúde e forma física. Esta actividade supuxo un reto adicional para os participantes, que deberían demostrar os seus coñecementos superando o quiz sen cometer ningún erro para completar a proba con éxito.
O departamento de Educación física, formado polas docentes Marga e Mónica, elaboraron unha serie de probas e xogos relacionados coa materia.
Pirámide*
Xogo de dobres
Bandas deseñadas da saúde
Cuestionario saudable
*Nota aclaratoria: A pirámide alimentaria empregada na actividade de etiquetado de alimentos foi elaborada antes do mes de xaneiro, tomando como referencia os materiais dispoñibles nese momento. Co fin de garantir unha información actualizada e rigorosa, incorporouse unha nota explicativa na que se indica a configuración actualmente recomendada da pirámide alimentaria e se explican os cambios introducidos nas revisións máis recentes dos modelos educativos de alimentación saudable.
PRESS KIT BÁSICO
Feira da Nutrición Escolar 2026
Na última semana do curso escolar celebrarase no centro a Feira da Nutrición, unha iniciativa educativa e participativa dirixida ao alumnado, organizada en colaboración por diferentes departamentos didácticos. Durante dous días, os grupos baixarán en tandas para participar nas distintas actividades programadas en formato de stands interactivos.
A feira ten como finalidade promover hábitos de vida saudables a través do xogo, a experimentación e o traballo cooperativo, integrando ao mesmo tempo contidos curriculares de varias materias e fomentando o uso das linguas estranxeiras e da lingua galega.
Os stands previstos no borrador inicial son:
Xogo de dobres (Francés – Inglés)
Quiz de saúde e nutrición (Galego)
Pirámide alimentaria (Inglés – Francés – Galego)
Detectives da saúde (Educación Física)
Bandas deseñadas saudables (Debuxo, Inglés e Francés)
Sensibilizar ao alumnado sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables.
Aprender de forma lúdica conceptos básicos relacionados coa nutrición e a saúde.
Potenciar o traballo cooperativo e a participación activa do alumnado.
Integrar distintas áreas e materias nun proxecto común interdisciplinar.
Fomentar o uso funcional do galego e das linguas estranxeiras en contextos reais.
Favorecer a convivencia e a dinamización da última semana lectiva cunha proposta educativa motivadora.
A Feira da Nutrición constitúe unha mostra do compromiso do centro coa educación integral do alumnado, combinando saúde, innovación metodolóxica e aprendizaxe significativa. Trátase dunha experiencia pensada para aprender desfrutando, reforzando valores como a responsabilidade persoal, a cooperación e o benestar.