Xeoloxía local

Dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizouse unha saída, guiada polo xeólogo Fran Canosa, para estudo da xeoloxía e paisaxe de dous vales representativos da comarca da Fonsagrada: o val de Suarna e o val de Burón.


O primeiro é un val de orixe fluvial, con formas tan características deste modelado como a seimeira de Vilagocende. O val de Burón é un val calcario, con formas tan características do modelado destas rochas como o Karst de Vilardíaz.

Esta saída, na que nos acompañou o alumnado de 4º ESO de Grandas de Salime e Navia de Suarna, a parte de ter como obxectivo o coñecemento da xeoloxía da contorna, tamén tiña como obxectivo a interacción e a convivencia con este alumnado doutros centros da zona.

Aproveitando a visita, Fran Canosa realizou un obradoiro de rochas e minerais cos distitos grupos do centro. Velaiquí fotos co alumnado de 1º e 3º de ESO: