Dorothé no Fontem Albei

A Fonsagrada é terra de música, gaita e baile. Quen non escoitou falar de Sergio da Veiga, de Emilio do Vilarón, de Xusto do Pacios ou de Modesto e Manuel do Juano ... Pero en A Fonsagrada temos moitas máis persoas, practicamente anónimas, que contribuiron a riqueza cultural da contorna coas súas cantigas.

A finais da década dos 70 e principios dos 80, Antón Santamarina e Dorothé Schubarth percorreron Galicia facendo un traballo de investigación recollendo cancións populares do país. Todo este traballo está recollido no Cancioneiro Popular Galego publicado pola Fundación Barrié e nel figuran, como non, cantigas recollidas na contorna de A Fonsagrada.

Para dar a coñecer este magnífico traballo ao alumnado do centro proxectouse o documental "Dorothe na vila", realizado por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, que viñeron ao centro para presentar o citado documental e falar cos rapaces.

Trailer do documental Dorothé na Vila

Este documental percorre, corenta anos despois, o mundo gravado por Dorothe Schubarth e Antón Santamarina.

Para máis información sobre o Cancioneiro Popular Galego pódese ir á web http://cancioneiro.fundacionbarrie.org/