Recollidas da nosa música

Para saber e aprender máis sobre como facer recollidas sobre a nosa música e os nosos bailes, organizamos dúas charlas nas que, ademais, se nos presentou un paseo sonoro con recollidas do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.

Na primeira das charlas a relatora foi a profesora de Lingua e Literatura Galega no IESP Fontem Albei, Noemi Basanta, grande coñecedora do folclore galego. Ademais de ser unha grande especialista e estudiosa da lingua galega, é membro da agrupación As Adufeiras do Salitre.

IMG_4525.MOV

Na segunda das charlas invitamos a Adrián Méndez, membro da Asociación Peta Pouco e a Destempo (organizadora da Foliada de a Fonsagrada). Adrián traballou na APOI e ten unha notable traxectoria na investigación e promoción da música galega.