A Foliada

Un grupo de rapaces e rapazas de A Fonsagrada, amantes da música tradicional e da cultura galega (bos músicos e bailadores) , organizaron en decembro de 2015 a I Foliada de A Fonsagrada.

O que empezou sendo unha festa galega pequeniña, acabouse convertendo nunha das festas máis importantes de Galicia. Ven xente dende todos os recunchos da nosa terra e do resto de España para desfrutar, bailar e tocar durante dous días.

Aqueles rapaces e rapazas constituiron a asociación Peta pouco e a destempo, dende a que seguen a organizar a folida, traballando moito ao logo de todo ano, para facer a mellor das festas e que todos gozamos.

En decembro de 2021, o alumnado de 4º de ESO, e 1º e 2º de bacharelato, entrevistaron a algúns dos artistas que viñeron á VI Foliada de A Fonsagrada. Para preparar estas conversas, o alumnado indagou sobre a traxectoria e traballos das distintas agrupacións. Xabier Díaz, Os d´abaixo e Habelas Hainas prestáronse a falar cos rapaces e rapazas de moi boa gana.

Damos as grazas ao Museo Etnográfico de A Fonsagrada por prestarnos as súas instalacións para a realización destas entrevistas, en especial a Nenoso e a Esperanza.

Entrevista a Habelas Hainas

Entrevista a Xabier Díaz

Entrevista a Os d´abaixo