Actividade agrícola

Para que o alumnado de FP Básica poida explorar distintas áreas de negocio cando rematen os seus estudos, é importante que coñezan o funcionamento de distintas empresas da contorna. Por esa razón, visitaron unha explotación leiteira na zona de Baleira, unha viña en Negueira de Muñiz e unha explotación de arandos en Grandas de Salime como algúns dos exemplos de saídas profesionais.