Os nosos castiñeiros

Na contorna de A Fonsagrada, cada casa, marcaba os castiñeiros da súa propiedade. Sempre se elixía "algo" sinxelo, fácil de gravar cunha navalla na cortiza das árbores. Segundo as árbores medran, a citada marca vaise notando máis.

O alumnado do IES Fontem Albei estuda as marcas dos castiñeiros da zona na materia de Xeografía e Historia, nos cursos de 1º ou 2º de ESO.

No noso centro temos uns castiñeiros que queríamos marcar. Pero, que marca poñer? Cada grupo fixo unha proposta de marca e, mediante un proceso electoral no que partipou alumnado, profesorado, persoal administrativo, bedeles e persoal de limpeza, se votou e fíxose a elección.

Os obxectvos eran:

  • Coñecer e protexer costumes que se están a perder nas nosas fragas.

  • Coñecer e valorar de maneira crítica o sistema democrático e as regras do xogo electoral para ter un acercamento real, non so teórico, do que é a democracia.

Traballar en equipo, competir por defender a túa opción, dala a coñecer con convicción, respetar as regras do xogo democrático, valorar todas as opcións, saber expresarse en público defendendo a túa idea, de maneira argumentada, etc.

As opcións de marca que presentou cada grupo pódense ver a continuación:

1º E.S.O.

2º E.S.O.

3º E.S.O.

4º E.S.O.

F.P. Básica

1º Bacharelato

2º Bacharelato

Votamos o 1 de abril, despois dunha intensa campaña por parte do alumnado, e obtívose un empate entre a marca de F.P Básica e a de 3º de ESO, polo que houbo que facer unha segunda volta de votacións (o 7 de abril) para escoller a marca final.




Alumnado e profesorado do centro exercendo o seu dereito ao voto




Presentamos, a continuación, a acta do resultado da 2ª ronda de votacións na que se pode ler que a marca gañadora foi a de F.P Básica.


O 22 de abril celebramos O Día da Terra. Traballouse sobre as árbores autóctonas e todo o centro asistiu ao acto de marcar os nosos castiñeiros. A marca foi feita polo alumnado de FP Básica:

O alumnado que deseñou a marca gañadora leu un manifesto no que deu unha explicación do por que desa marca:


IMG_4659.MOV

Tamén se aproveitou a ocasión para plantar novas árbores: