O foliqueiro e o entroido

Vendo chegar o entroido quixemos investigar como se celebraba fai anos na contorna de A Fonsagrada. Algunha profesora da zona lembraba como se facían os disfraces na casa, como saían á rúa para "meter o entroido" e dunha personaxe: o foliqueiro. Esta era unha personaxe que saía polas aldeas e pobos disfrazado. Metíase coa xente. Entraba nas casas para coller "prestada" comida e bebida. Levaba un "foleco" ou bolsa que enchía de cinza, e esparexíaa por encima da xente para meterse con eles e ensucialos.

Seguindo coa idea de "coñecer para protexer", instamos ao alumnado a recoller información falando cos seus pais, avós, veciños.... entrevistando a xente maior, buscando fotos etc. Así, averiguose que a idea de disfrazarse, ademais de que non se recoñecera ao disfrazado, era aproveitar materiais que se tiñan na casa (reciclar), e pasalo moi ben.

Nesta sección da nosa web presentamos o traballo recollido nesta investigación.

Damos a gracias a Carmen do Jaibo, a Chelo do Candal, Amador de Laureano e Mª Luz de Seoane, por compartir con nós as fotos nas que se aprecia como eran os disfraces.

Para que fora fácil a recollida da información obtida polo alumnado nas súas investigacións, fixemos uns formularios de Google. A continuación poñemos algún dos audios que obtivemos:


Paradiñas.m4a

Informante: Paradiñas da Poboa de Burón

Paradiñas.m4a

Informante: María Testa de Lamas de Campos

mix_41s (audio-joiner.com) - Iria López Testa.mp3

Informante. María Testa de Lamas de Campos

Entrevista a Carmen do Jaibo

Gloria Fernández Blanco, profesora de Xeografía e Historia, entrevista a Carme do Jaibo para que nos conte como se facían os disfraces, como saían á rúa, que facían...

Para preparar os nosos disfraces para o entroido fixemos distintos obradoiros co alumnado de 1 e 2º de ESO para facer as caretas, flores,...

Elaboración das caretas: collemos unha peza de tea (xeralmente dunha saba vella). Facemos un saco para meter a cabeza. Debemos medir para facer os buratos dos ollos e da boca. Despois pintámola. Podemos coserlle la nas cellas e bigote. E xa teríamos a careta para disfrazarnos!

O 25 de febreiro disfrazámonos, xa de mañá, no centro. Saímos (tanto alumnado como profesorado) para facer un desfile pola vila de A Fonsagrada, ensinar os nosos disfraces e "vacilar" á xente.

Xa que estabamos no entroido, proveitamos para facer unha recollida de recetas de cociña típas da zona. Que rico todo!

Recetas_entroido.pdf