Coñecer para protexer

"Ninguén pode ignorar que a espesura dos montes é unha das cousas que máis atraen as benéficas choivas e que contribúen por conseguinte a enriquecer os mananciais de auga viva. Por tanto non cortes xamais unha árbore, sen plantar antes dez."

Estas palabras de José de Viera y Clavijo en 1766 (historiador, biólogo e escritor español), sérvennos para facer a introdución do proxecto que levamos a cabo no IESP Fontem Albei neste curso 2021 - 2022. Pero nós fomos moito máis alá: non so pensamos en protexer a nosa contorna, a fermosa natureza que nos rodea, senón tamén en protexer e coñecer as nosas costumes, a nosa cultura, as nosas palabras, o noso entroido, a nosa música ... en resumén poñer en valor e coñecer "o noso". Pensamos que se queremos conservar algo, o que sexa, debemos coñecelo, debemos ensinalo, para así poder aprecialo e protexelo.

Nesta páxina web presentamos o traballo feito polo alumnado e profesorado deste centro durante este curso no noso proxecto "Coñecer para protexer". Hai que destacar que este proxecto é interdisciplinar, é dicir, trabállase e colabórase entre distintas materias como Matemáticas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Española, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Francés, Educación Física, Xeografía e Historia, ...

Esperamos que todas aquelas persoas que entren nesta páxina desfruten da información que aqui compartimos como nós desfrutamos elaborándoa.